Este mes celebramos os aniversarios de Daniela dos Dinosauros e Mikel, Matías e Rafi dos Elefantes.
PARABENS!!!
viernes, 29 de mayo de 2015
martes, 19 de mayo de 2015
LETRAS GALEGAS 2015
Onte festexamos no cole o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor Xosé Filgueira Valverde. Despois de que os maiores do cole lembraran a sua vida e a súa obra, comezou a festa dos xogos populares. Antón Cortizas veu ao noso cole a ensinarnos un montón de xogos que se poden facer con cousas tan sinxelas como un papel, unha noz, unha goma o unha cana... E de sorpresa, puidemos levar para a nosa aula o libro de xogos populares do Couceiro, libro que xa forma parte da nosa biblioteca!
Despois do recreo tocaba o turno do Certame de Poesía Couceiro Freijomil... Nós presentabamos unha poesía moi chula sobre os números, e aos elefantes e os dinos touconos rimar co número 3 que vai do revés, e co 4, que baila co gato! Fixémolo tan ben que recibimos un agasallo de Güino; uns libros moi chulos para ler na aula!!!! Somos uns poetas!!!!
viernes, 1 de mayo de 2015
ANIVERSARIOS DE ABRIL
Estes mes celebramos os aniversarios do dinosauro Hugo e da elefanta Marina ...
PARABÉNS, PEQUECHOS!!!!
jueves, 30 de abril de 2015
AÍ VEN O MAIO CANTAREIRO!!!!
E despois de moito ensaiar estas semanas, por fin chegou o Día dos Maios!!!! Fiuncho, margaridas, laranxas, calas, ... e ata ovos!!!!! O noso Maio Cantareiro leva de todo!!!!! Este ano lucímonos moito, moitísimo!!!! E grazas ás mamás e aos papás que viñeron a axudarnos fixemos un maio precioso, con forma de boneca!!!!! Os elefantes e os dinosauros encargámonos dunha parte da falda, facendo unha guirnalda de calas... Mirade canto traballamos!!!!
A verdade é que nos quedou un maio moi orixinal e moi chulo, non credes? Oxalá mañá teñamos unha recompensa polo noso esforzo!!! Seguro que os xuíces saben ver o noso gran traballo. Así que se queredes acompañar aos nenos e nenas de Infantil e ao seu maio no concurso do Concello que se celebrará mañá, non dubidedes en acercarvos ao cole sobre as 16:30 da tarde.
viernes, 17 de abril de 2015
BAILE MEDIEVAL
E aínda que xa rematamos o proxecto dos castelos quedaba pendiente amosarvos o baile medieval que a profe Lara ensinou aos cabaleiros e damas das clases dos dinos e elefantes.
Xa estamos preparados para calquera Baile Real !!
Xa estamos preparados para calquera Baile Real !!
lunes, 13 de abril de 2015
XOGANDO COS NÚMEROS
viernes, 10 de abril de 2015
VISITA AO TORREÓN DOS ANDRADE
Agora que xa sabemos moitas, moitísimas cousas dos castelos e das persoas que vivían neles, soamente nos quedaba comprobar, por nos mesmos, se estabamos no certo. E que mellor maneira de facelo que visitar un dos monumentos medievais que temos moi preto do cole.... O TORREÓN DOS ANDRADE!!!!
Como nos gustou! Alí puidemos ver unha estatua de Fernán Pérez de Andrade, chamado "O Boo", o gran cabaleiro de Pontedeume que mandou construír o Castelo de Andrade, e puidemos comprobar como o noso Torreón formaba parte dun gran pazo. Ademais vimos restos de vidreiras, os faladoiros, as letrinas, os escritos a pluma, ... pero, sen dúbida, o que máis nos gustou de todo, foi subir ao alto da Torre!!!! Que ben se ve Pontedeume entre ameas!!!! Está claro que o noso pobo é unha vila con moita historia, chea de reis, cabaleiros e damas!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)