martes, 30 de septiembre de 2014

ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO


Este mes celebramos os aniversarios dos elefantes Elsa e Roy  e dos dinos Iria, Carla e Roi. PARABÉNS!!!!

viernes, 26 de septiembre de 2014

OLLO AO PIOLLO!!!

Estes días detectáronse casos de piollos nas aulas de infantil... Por favor, revisade as cabeciñas dos peques esta fin de semana. Moitas grazas!

viernes, 12 de septiembre de 2014

XA SOMOS DE 4!!!!

E así, case sen darnos conta, comezamos un novo curso. Un curso cheo de novidades. A primeira na clase dos elefantes, que teñen profe nova!!! Pero ata que María se incorpore da súa baixa, teremos connosco a Begoña, xa convertida nun elefante máis dende o primeiro día... BENVIDA BEGOÑA Á NOSA SELVA PARTICULAR!!!
Pero as novidades non acaban aí... Agora a profe Ana vainos dar informática e a profe Ilenia psicomotricidade e atención educativa, temos ao profe Julio no taller de linguaxe, e o máis chulo.... TEMOS CLASE NOVA!!!!
Os elefantes e os dinosauros estamos moi emocionados con tantas novidades, tanto que o primeiro día andabamos un pouco despistados, sobre todo polo cambio de aula. Non sabiamos moi ben cal era o noso percheiro nin a nosa porta, porque.... XA ESTAMOS EN 4!!!! Como nos gustan as nosas novas clases, teñen un montón de xoguetes para pasalo pipa entre todos.
Pero, sabedes o que máis nos gustou de todo???? Voltar a estar todos xuntos!!!! Que ganiñas tiñamos de vernos e de xogar cos compis!!!! Mirade, mirade...



Aproveitamos a ocasión para desexarlle moita sorte á nosa querida profe Ana na súa nova andaina. Nós aquí botámoste moito en falta, así que non te esquezas de nós que nós nunca nos esqueceremos de ti. Un bico enorme dos elefantes, dos dinosauros e desta "dinosaura" que escribe.