viernes, 10 de junio de 2016

O ALBUM DO MAR

Durante o mes de Maio todos os nenos e nenas do cole estivemos como tolos buscando animais mariños polo centro. Eran os carteis do Álbum biligüe que este curso puxeron, de novo en marcha, as profes de inglés: Marga e Ana.
Os nenos e nenas de Infantil fixemos, como cada ano, un álbum xigante que completamos entre todos e polo cal tamén recibimos o noso premio que foi recollido polo encargado de cada clase.


Moitas grazas por esta actividade, profes!!! Os elefantes e os dinos encantános eso de ser "good explorers"!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario