E case como se nada, nun suspiriño, este camiño que iniciamos xuntos fai tres aniños, rematou pois... Chegou a hora de deixar Infantil e pasar a otra nova etapa.... a Primaria!!!! E que mellor maneira de facelo oficial que cunha gran festa... A nosa festa de graduación!!!! Pero que guapos e maiores estabamos recollendo os nosos diplomas, mirade, mirade...
*** Se queredes ter estas fotos e outras da graduación, premede neste enlace (perdoade se algunhas están movidas, os nervios fixeron que moitos dos nenos e nenas non pararan no "photocall")
Pois si, parece mentira pero xa pasasen tres anos dende que os nosos elefantes e dinos desen os seus primeiros pasos no cole. Tres anos nos que aprendemos un montón de cousas pero nos que sobre todo, fixemos grandes amigos e divertímonos moitísimo.... Tres anos, sen dúbida, para o recordo...
**A versión web do vídeo non é igual que a vosa. Non é posible poñelo en internet coas músicas orixinais.
Dende aquí queremos agradecer a todas as familias o apoio recibido estes tres cursos, o cariño e a confianza que nos destes fixo que o noso traballo fose un verdadeiro pracer. Sodes uns papás e unhas mamás xeniais, e iso nótase e moito, nos vosos fillos e fillas... Moitas, moitísimas grazas por todo!
**A versión web do vídeo non é igual que a vosa. Non é posible poñelo en internet coas músicas orixinais.
Dende aquí queremos agradecer a todas as familias o apoio recibido estes tres cursos, o cariño e a confianza que nos destes fixo que o noso traballo fose un verdadeiro pracer. Sodes uns papás e unhas mamás xeniais, e iso nótase e moito, nos vosos fillos e fillas... Moitas, moitísimas grazas por todo!
E por suposto, queremos dar as grazas aos "nosos" nenos e nenas, aos elefantes e aos dinos, que son os mellores alumnos e alumnas que puideramos imaxinar. Moitas grazas peques por ensinar a estas profes tantas cousas cada día, por axudarnos a "intentar" ser mellores mestras, por ilusionarnos e facer que o noso traballo sexa toda unha aventura, por deixarnos crecer convosco, por facernos rir e, sobre todo, por querernos e por todos eses bicos e abrazos que nos destes durante estes anos. Foi unha marabilla ser aos vosas mestras!!!! Por iso, e a pesar de que estamos un pouquiño tristes por
ter que deixarvos, mandámosvos un bico enorme e desexámosvos moita sorte
nesta nova aventura que comezades. Non vos esquezades de nós, porque estas dúas profes sempre vos levarán no recordo.
FELIZ VERÁN!!!!
Todo el cariño es recíproco. Hemos sido muy afortunados, papis y peques, por compartir esta etapa con vosotras. Yo personalmente por partida doble. Ya sereis siempre parte de nuestra vida. Biquiños y feliz verano también para vosotras
ResponderEliminarTodo el cariño es recíproco. Hemos sido muy afortunados, papis y peques, por compartir esta etapa con vosotras. Yo personalmente por partida doble. Ya sereis siempre parte de nuestra vida. Biquiños y feliz verano también para vosotras
ResponderEliminarMuchas gracias! han sido tres años geniales, nos da mucha pena tener que cambiar de profe, aunque ellos están emocionados de pasar a primaria.feliz verano, y nos vemos por el cole!
ResponderEliminarPero qué guap@s y qué mayores estáis!!!. Me acuerdo mucho de vosotr@s...Os deseo muchísima suerte en esta nueva etapa que vais a comenzar. Muchos besos y abrazos para vosotr@s y vuestras familias y como no para las profes sin cuyo esfuerzo no existirían momentos tan fantásticos como estos. Ana García
ResponderEliminarQué bonito ....Te vamos echar de menos después de tres años .......Que paséis un buen verano 😚😚😚😚
ResponderEliminarIniciarse así de ben na escola non se olvida!! Grazas ás mestras!! Bó verán.
ResponderEliminarMoitas grazas a todas! A verdade é que cada vez que vexo o vídeo pásanme tantas cousas pola cabeza... Imposible describir todos os sentimentos con palabras. Por un lado pois triste, triste por deixar aos meus dinos despois de velos crecer e aprender estes tres anos e por outra, unha gran satisfacción como mestra por vivir este experiencia con eles e con vós, familias. Todos e cada un deles e de vós, deixades unha marca imborrable na miña vida. Tiven moita sorte de formar parte desta gran familia selvática e crédeme se vos digo que sempre vou ser algo "dinosaura".
ResponderEliminarEn fin, que como non son unha muller de moitas palabras, soamente podo darnos unha e mil veces, grazas, grazas, e GRAZAS. Grazas por confiar en min, por deixarme aos vosos fillos e fillas cinco horas ao día sen reservas, por cada sorriso, con cada xesto de apoio,... En fin, grazas por acompañarme nesta fantástica aventura de tres anos.
Pero aínda que isto pareza unha despedida, non dubidedes que seguirei aí para o que precisedes nesta nova etapa que empezan en setembro os nosos nenos e nenas. Así que, como ben di Julia, vémonos no cole!
Bo verán a tod@s!
Un bico moi grande da profe Nuria
*** Moitas grazas tamén á profe Ana García por lembrarse de nós. Ana e máis eu acordámonos moito de ti e de Begoña estes días... Vos tamén formades parte da nosa familia selvática! Bo verán, profes!