Hoxe os nosos compañeiros e compañeiras de 1º convidáronnos ás súas aulas para explicarnos que era iso da Primaria e as novidades que imos ter para o curso que vén. Contestaron a todas as nosas preguntas: xa sabemos que no patio podemos xogar ao fútbol, ao baloncesto, as cordas, as tres en raia, aos peóns, ... e ata podemos visitar a Güino no tempo do recreo! Tamén nos contaron que traballan moito, porque xa teñen libros de maiores, pero tamén teñen xoguetes que son moi divertidos. Pero, sen dúbida, o que máis nos gustou é a idea de levar o noso propio estoxo e sobre todo... non ter que levar mandilón!!!!!
Ademais, e como agasallo final, entregaránnos un pasaporte para poder pasar a Primaria para o vindeiro curso, porque... Xa estamos máis que listos para despegar!!!!!
Moitas grazas aos compañeir@s de 1º pola información e aos profes María Jesús e Antón por invitarnos ás súas clases!!! Para o ano vémonos en Primaria!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario