jueves, 30 de abril de 2015

AÍ VEN O MAIO CANTAREIRO!!!!

E despois de moito ensaiar estas semanas, por fin chegou o Día dos Maios!!!! Fiuncho, margaridas, laranxas, calas, ... e ata ovos!!!!! O noso Maio Cantareiro leva de todo!!!!! Este ano lucímonos moito, moitísimo!!!! E grazas ás mamás e aos papás que viñeron a axudarnos fixemos un maio precioso, con forma de boneca!!!!! Os elefantes e os dinosauros encargámonos dunha parte da falda, facendo unha guirnalda de calas... Mirade canto traballamos!!!!





A verdade é que nos quedou un maio moi orixinal e moi chulo, non credes? Oxalá mañá teñamos unha recompensa polo noso esforzo!!! Seguro que os xuíces saben ver o noso gran traballo. Así que se queredes acompañar aos nenos e nenas de Infantil e ao seu maio no concurso do Concello que se celebrará mañá, non dubidedes en acercarvos ao cole sobre as 16:30 da tarde. 

  




Aproveitamos o blog para darvos de novo as grazas pola vosa implicación na actividade, tanto ás familias que se achegaron a axudarnos, como a aquelas que aportaron o verde e as flores. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!

2 comentarios: