martes, 19 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Onte festexamos no cole o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor Xosé Filgueira Valverde. Despois de que os maiores do cole lembraran a sua vida e a súa obra, comezou a festa dos xogos populares. Antón Cortizas veu ao noso cole a ensinarnos un montón de xogos que se poden facer con cousas tan sinxelas como un papel, unha noz, unha goma o unha cana... E de sorpresa, puidemos levar para a nosa aula o libro de xogos populares do Couceiro, libro que xa forma parte da nosa biblioteca!



Despois do recreo tocaba o turno do Certame de Poesía Couceiro Freijomil... Nós presentabamos unha poesía moi chula sobre os números, e aos elefantes e os dinos touconos rimar co número 3 que vai do revés, e co 4, que baila co gato! Fixémolo tan ben que recibimos un agasallo de Güino; uns libros moi chulos para ler na aula!!!! Somos uns poetas!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario