viernes, 10 de abril de 2015

VISITA AO TORREÓN DOS ANDRADE

Agora que xa sabemos moitas, moitísimas cousas dos castelos e das persoas que vivían neles, soamente nos quedaba comprobar, por nos mesmos, se estabamos no certo. E que mellor maneira de facelo que visitar un dos monumentos medievais que temos moi preto do cole.... O TORREÓN DOS ANDRADE!!!!
Como nos gustou! Alí puidemos ver unha estatua de Fernán Pérez de Andrade, chamado "O Boo", o gran cabaleiro de Pontedeume que mandou construír o Castelo de Andrade, e puidemos comprobar como o noso Torreón formaba parte dun gran pazo. Ademais vimos restos de vidreiras, os faladoiros, as letrinas, os escritos a pluma, ... pero, sen dúbida, o que máis nos gustou de todo, foi subir ao alto da Torre!!!! Que ben se ve Pontedeume entre ameas!!!! Está claro que o noso pobo é unha vila con moita historia, chea de reis, cabaleiros e damas!!!


2 comentarios:

  1. Vino toda contenta por ir verlo.Mucho hacéis con los niños. .....

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar