lunes, 29 de febrero de 2016
jueves, 11 de febrero de 2016
E rematamos co Entroido!
E rematou...
Que mágoa!! Co que disfrutamos das festas do Entroido e toca dicirlle adeus ata o ano próximo...
Pero para despedilo como se merece viñemos todos do máis guapos e guapas, verdade?
Despois do patio tocou cantar o "Xa morreu..." para, con todos os compis do cole, chorar na queima do Entroido!
Que mágoa!! Co que disfrutamos das festas do Entroido e toca dicirlle adeus ata o ano próximo...
Pero para despedilo como se merece viñemos todos do máis guapos e guapas, verdade?
Despois do patio tocou cantar o "Xa morreu..." para, con todos os compis do cole, chorar na queima do Entroido!
viernes, 5 de febrero de 2016
O ENTROIDO PREHISTÓRICO!!!!!
E chegou o día... Despois de moitos ensaios e preparativos, por fin chegou o día de voltar ao pasado e celebrar como vervdadeiros trogloditas o Entroido!!!
Pero que guapísimos e guapísimas ibamos, con ósos, peles, mazos, colares... Mirade, mirade...
Xa preparados e ben guapos, pasamos a mostrarlles aos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria as nosas galas prehistóricas, para acabar directamente no pavillón para cantar e bailar, movendo todos os ósos posibles!!!! Pois si que estaban marchosos estes e estas trogloditas, non si? As mans cara arriba, as mans cara abaixo...
E por último, e como fin de festa... a gran comilona do Entroido! Rosquillas, filloas, orellas, ... que ricas!!!! E collidas forzas, que mellor maneira que acabar xogando todos no patio!!!!!
Está claro... os trogloditas pasábano daba, daba duuuuuu!!!!!
VIVA O ENTROIDO!
De novo, moitas grazas familias pola vosa colaboración e por acompañarnos neste día de festa. Sen a vosa axuda este día non sería posible. Esperamos que disfrutaredes tanto da actuación, como o fixeron os elefantes e os dinosauros. Pasádeo moi ben nestas vacacións e vémonos o xoves 11! (Lembrade que á volta, poden vir disfrazados como queiran).
jueves, 4 de febrero de 2016
A MARISCAR!!!!
Seguimos mergullándonos na nosa investigación mariña, e non podiamos rematar sen investigar un pouco que é o que fan eses barcos que vemos todos os días na ponte de Pontedeume... Que pescan? Que barcos hai? Como fan os e as mariscadoras???
Puxémonos mans e camiño á obra e grazas ao papá e a mamá da dino Daniela e ao papá do dino Hugo, puidemos coñecer de preto como fan os mariscadores e mariscadoras para recoller esas ameixas e berberechos que nos gustan tanto!!!
Estes papás e mamás merecen un gran aplauso!!!!
Que duro é traballar no mar!!!
Aproveitamos para darvos as grazas por ensinarnos o voso traballo, Loreto, Mario e Roberto. Os elefantes e os dinos volveron contentísimos coa "pesca", sobre todo Hugo e Daniela.
A TRIPULACIÓN DE MANOLO!!!
Xa chegaron os piratas!!! Manolo, xa tes a túa triulación para embarcar, pero rapidiño que mañá cambiamos o parche polos ósos, e o pano polas peles!!!
Ata o curso que ven Manoliño!
** Mañá agardámosvos no pavillón para ver aos trogloditas máis chulos da Prehistoria! O desfile polo pavillón comezará sobre as 10:45 horas e as actuacións sobre as 11:15 horas. Esperámosvos!!!!
miércoles, 3 de febrero de 2016
4º MANDADIÑO DE MANOLO
Xa te viñamos vir, Manoliño... Ti o que nos queres é disfrzar de piratas.... E que lle falta a un pirata?
Bueno, Manolo, pois mañá vas a ter piratas... piratas para facer toda unha boa tripulación... a tripulación do Couceiro!
TRAERÁS UN PAPAGAIO, MOI XEITOSIÑO.
Bueno, Manolo, pois mañá vas a ter piratas... piratas para facer toda unha boa tripulación... a tripulación do Couceiro!
** Mamás e papás... non vos compliquedes, calquera papagaio: pegatina, bonequiño, debuxo... Xa sabedes, todo vale no Entroido!
martes, 2 de febrero de 2016
3º MANDADIÑO DE MANOLO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
