E chegou o día... Despois de moitos ensaios e preparativos, por fin chegou o día de voltar ao pasado e celebrar como vervdadeiros trogloditas o Entroido!!!
Pero que guapísimos e guapísimas ibamos, con ósos, peles, mazos, colares... Mirade, mirade...
Xa preparados e ben guapos, pasamos a mostrarlles aos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria as nosas galas prehistóricas, para acabar directamente no pavillón para cantar e bailar, movendo todos os ósos posibles!!!! Pois si que estaban marchosos estes e estas trogloditas, non si? As mans cara arriba, as mans cara abaixo...
E por último, e como fin de festa... a gran comilona do Entroido! Rosquillas, filloas, orellas, ... que ricas!!!! E collidas forzas, que mellor maneira que acabar xogando todos no patio!!!!!
Está claro... os trogloditas pasábano daba, daba duuuuuu!!!!!
VIVA O ENTROIDO!
De novo, moitas grazas familias pola vosa colaboración e por acompañarnos neste día de festa. Sen a vosa axuda este día non sería posible. Esperamos que disfrutaredes tanto da actuación, como o fixeron os elefantes e os dinosauros. Pasádeo moi ben nestas vacacións e vémonos o xoves 11! (Lembrade que á volta, poden vir disfrazados como queiran).
Estuvo todo muy bien.Lo hicieron genial todos estaban muy guapos y guapas las profes estaban genial....
ResponderEliminarExcelente trabajo, muchas felicidades.
ResponderEliminar