Seguimos mergullándonos na nosa investigación mariña, e non podiamos rematar sen investigar un pouco que é o que fan eses barcos que vemos todos os días na ponte de Pontedeume... Que pescan? Que barcos hai? Como fan os e as mariscadoras???
Puxémonos mans e camiño á obra e grazas ao papá e a mamá da dino Daniela e ao papá do dino Hugo, puidemos coñecer de preto como fan os mariscadores e mariscadoras para recoller esas ameixas e berberechos que nos gustan tanto!!!
Así descubrimos que utilizan un "rastrillo" xigante e que teñen que rascar moito no fondo do mar para poder cazar algunha ameixa. Tamén vimos que cando ven algunha pequeniña hai que soltala ao mar, para que siga crecendo pois senon queríamos sen peixe e sen marisco. Pero o que máis claro non quedou é que non se pode tirar nada a ría, nin o mar para que non morran os peixes... Canta basura atraparon os papás de Hugo e Daniela! Xa temos lema: a basura ao colector!!!!
Estes papás e mamás merecen un gran aplauso!!!!
Que duro é traballar no mar!!!
Aproveitamos para darvos as grazas por ensinarnos o voso traballo, Loreto, Mario e Roberto. Os elefantes e os dinos volveron contentísimos coa "pesca", sobre todo Hugo e Daniela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario