jueves, 30 de abril de 2015

AÍ VEN O MAIO CANTAREIRO!!!!

E despois de moito ensaiar estas semanas, por fin chegou o Día dos Maios!!!! Fiuncho, margaridas, laranxas, calas, ... e ata ovos!!!!! O noso Maio Cantareiro leva de todo!!!!! Este ano lucímonos moito, moitísimo!!!! E grazas ás mamás e aos papás que viñeron a axudarnos fixemos un maio precioso, con forma de boneca!!!!! Os elefantes e os dinosauros encargámonos dunha parte da falda, facendo unha guirnalda de calas... Mirade canto traballamos!!!!





A verdade é que nos quedou un maio moi orixinal e moi chulo, non credes? Oxalá mañá teñamos unha recompensa polo noso esforzo!!! Seguro que os xuíces saben ver o noso gran traballo. Así que se queredes acompañar aos nenos e nenas de Infantil e ao seu maio no concurso do Concello que se celebrará mañá, non dubidedes en acercarvos ao cole sobre as 16:30 da tarde. 

  




Aproveitamos o blog para darvos de novo as grazas pola vosa implicación na actividade, tanto ás familias que se achegaron a axudarnos, como a aquelas que aportaron o verde e as flores. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!

viernes, 17 de abril de 2015

BAILE MEDIEVAL

E aínda que xa rematamos o proxecto dos castelos quedaba pendiente amosarvos o baile medieval que  a profe Lara ensinou aos cabaleiros e damas das clases dos dinos e elefantes.
Xa estamos preparados para calquera Baile Real !!


lunes, 13 de abril de 2015

XOGANDO COS NÚMEROS

Dinosauros e Elefantes imos iniciar un novo proxecto acerca dos números e do seu uso. Para comezar deixamos  uns enlaces onde poderedes atopar xogos de números.                

                                                             

Resultado de imagen de numeros http://www.educa.jcyl.es/


viernes, 10 de abril de 2015

VISITA AO TORREÓN DOS ANDRADE

Agora que xa sabemos moitas, moitísimas cousas dos castelos e das persoas que vivían neles, soamente nos quedaba comprobar, por nos mesmos, se estabamos no certo. E que mellor maneira de facelo que visitar un dos monumentos medievais que temos moi preto do cole.... O TORREÓN DOS ANDRADE!!!!
Como nos gustou! Alí puidemos ver unha estatua de Fernán Pérez de Andrade, chamado "O Boo", o gran cabaleiro de Pontedeume que mandou construír o Castelo de Andrade, e puidemos comprobar como o noso Torreón formaba parte dun gran pazo. Ademais vimos restos de vidreiras, os faladoiros, as letrinas, os escritos a pluma, ... pero, sen dúbida, o que máis nos gustou de todo, foi subir ao alto da Torre!!!! Que ben se ve Pontedeume entre ameas!!!! Está claro que o noso pobo é unha vila con moita historia, chea de reis, cabaleiros e damas!!!


sábado, 28 de marzo de 2015

DÍA DO TEATRO E DA POESÍA

O 21 de Marzo foi o Día da Poesía e o 27 de Marzo o do Teatro, así que o venres festexamos ambas onomásticas co visionado do video realizado no colexio "Nos somos Rosalía" e os maiores deleitáronnos con dúas divertidas obras de teatro, Que ben o pasamos!!!










viernes, 27 de marzo de 2015

ANIVERSARIOS DE MARZO

Este mes festexamos os aniversarios de Alba dos dinosauros e Iria, Iago, Iván e Claudia dos elefantes.
PARABÉNS!!!





jueves, 26 de marzo de 2015

XA SOMOS CABALEIROS!!!!

Como aprendemos moitos dos castelos, hoxe o rei Nuria e a raíña Begoña, tíñannos preparada unha sorpresa... NOMEARNOS CABALEIROS!!!! E para que a cerimonia tivera máis "glamour", os reis dos Elefantes e dos Dinosauros déronnos o noso propio escudo para protexer e preservar a paz nas nosas aulas!!! Que chulos quedaron, verdade?