Hoxe tivemos unha visita sorpresa de una novo membro da nosa familia selvática... Matías!!!! O irmán do dino Tomás. Que ben se portou! E iso que tivo que "aturar" os nosos bicos, agarimos, berros... Parece que a Matías gústalle o noso cole!
A verdade é que tiñamos moitas preguntas para Matías e para a súa mamá e o seu papá... Descubrimos que non tiña dentes (algo que nos tiña moi preocupados) e que soamente toma leite no biberón, porque ten so catro meseciños. Ademais xa sabemos que lle encanta que lle canten, sobre todo que lle cante Tomás (que, por certo, faino de marabilla), e que lle gustan moito os animais, tanto que ata ten un gatiño de peluche favorito! Pero sen dúbida, o que máis nos gustou, foi saber que Matías chámase así porque Tomás quería elexir un nome que tivera todas as súas letras, e ocurriuselle ese!!! Que guai, Tomás!
Os dinos estamos seguros que Tomás será un bo irmán maior e que lle ensinará a Matías un montón de cousas. A nós quedamos esperar un poquiño para poder ver a Matías correteando polo patio e poder xogar con el, pero ata entón... Un biquiño moi grande, Matías!!!!






