Os elefantes e dinosauros seguemos a investigar do mar... Xa sabemos moito dos animais que alí viven, pero temos outras dúbidas... Por que é salgada a auga do mar e doce a do río? Ten sal ou zucre? E sobre todo... Onde está o sal??
Para poder averigualo, as profes propuxéronnos un experimento: coller un pouco de agua salgada da ría, quentala co sol ou co calor (pois quedamos que así desaparecería a auga como cando cocemos un ovo) e... a ver que pasa!!!! Quedará o sal? Pois non sabemos... Seguiremos informando....
Pero ademais, na nosa "mini excursión" atopamos un animaliño do mar. Non sabiamos moi ben se era ou non un ourizo de mar, porque non tiña moitas púas, polo que o levamos ás aulas para investigalo.Tras mirar nos nosos libros do mar, descubrimos que os ourizos perden as púas cando morren... Pobre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario