lunes, 1 de febrero de 2016

UNHA NOVA VISITA!

Hoxe tivemos unha visita sorpresa de una novo membro da nosa familia selvática... Matías!!!! O irmán do dino Tomás. Que ben se portou! E iso que tivo que "aturar" os nosos bicos, agarimos, berros... Parece que a Matías gústalle o noso cole!

A verdade é que tiñamos moitas preguntas para Matías e para a súa mamá e o seu papá... Descubrimos que non tiña dentes (algo que nos tiña moi preocupados) e que soamente toma leite no biberón, porque ten so catro meseciños. Ademais xa sabemos que lle encanta que lle canten, sobre todo que lle cante Tomás (que, por certo, faino de marabilla), e que lle gustan moito os animais, tanto que ata ten un gatiño de peluche favorito! Pero sen dúbida, o que máis nos gustou, foi saber que Matías chámase así porque Tomás quería elexir un nome que tivera todas as súas letras, e ocurriuselle ese!!! Que guai, Tomás!

Os dinos estamos seguros que Tomás será un bo irmán maior e que lle ensinará a Matías un montón de cousas. A nós quedamos esperar un poquiño para poder ver a Matías correteando polo patio e poder xogar con el, pero ata entón... Un biquiño moi grande, Matías!!!!

8 comentarios:

  1. A verdade que a Matías gustoulle o cole e, sobre todo, coñecer ós dinos dos que nos fala Tomás.
    Os tres pasámolo xenial!!! E tamén aprendemos moitas cousas das experiencias que nos contaron...
    Que ben ter irmáns e curmáns!!!
    Grazas a tódolos dinos e a súa profe, Nuria, por nos invitar.

    ResponderEliminar
  2. A verdade que a Matías gustoulle o cole e, sobre todo, coñecer ós dinos dos que nos fala Tomás.
    Os tres pasámolo xenial!!! E tamén aprendemos moitas cousas das experiencias que nos contaron...
    Que ben ter irmáns e curmáns!!!
    Grazas a tódolos dinos e a súa profe, Nuria, por nos invitar.

    ResponderEliminar
  3. Grazas a vós e a Matías, que aguantou coma un campión. Sempre é un pracer recibir novas visitas, e xa vichedes que os Dinos están encantados de tener bebés na aula. Así que xa sabedes... a pola nena!
    un saúdo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajaja
      3 é o meu número favorito asi que...
      Nunca se sabe!!

      Eliminar
  4. E unha experiencia xenial poder compartir cos compañeiros un pouco das familias! A eles encántalles, Iago veu emocionado contando cousiñas de MAtias ;-)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tomás coméntanos case tódolos días a sorte que ten Iago porque a súa irmá Olivia, vaino buscar ao cole.
      Si que é certo que lles fai ilusión...teremos que tomar nota.
      E unha idea estupenda que os visiten os irmáns pequenos no cole.

      Eliminar
    2. Tomás coméntanos case tódolos días a sorte que ten Iago porque a súa irmá Olivia, vaino buscar ao cole.
      Si que é certo que lles fai ilusión...teremos que tomar nota.
      E unha idea estupenda que os visiten os irmáns pequenos no cole.

      Eliminar
  5. Alegrámonos moito que foran contentos para casa... Iso é o que intentamos, porque compartir o posto de rei da casa, non é sempre fácil... Así que a presumir de irmáns, que un irmán ou irmá é o mellor agasallo que se lle pode dar a un neno/a... un compañeiro/a de xogos e experiencias para toda a vida!!
    Yolanda... 3 é un número moi bonito! ;)

    ResponderEliminar