Estes días detectáronse casos de piollos nas aulas de infantil... Por
favor, revisade as cabeciñas dos peques. Moitas
grazas!
martes, 18 de noviembre de 2014
miércoles, 12 de noviembre de 2014
UNHA NOVA VISITA!!
Hoxe tivemos outra visita. Esta vez duns axentes forestais que nos ensinaron as cinco regras básicas para coidar os nososo bosquees e fragas e previr os lumes: non encender fogatas e se o facemos sempre cun adulto e de xeito controlado, non xogar conn mistos nin chisqueiros, e recoller e deixar todo o campo limpo cando fagamos un picnic.
E despois de explicarnos estas regras básicas e de ensinarnos o traxe e as ferramentas que usan para apagar o fogo, tiñamos unha gran sorpresa na porta.... UN CAMIÓN DE BOMBEIROS!!!! Os axentes forestais ensinaronnos como apagan eles o lume dos bosques! Canta auga bota o camión, case nos rega!!!!
Preparádevos familias, que despois desta visita xa hai algún que quere se bombeiro!
martes, 11 de noviembre de 2014
DÍA DO PEÓN
E como todos os anos, chega o San Martiño, e con el.... O PEÓN!!!! Este ano tivemos mala sorte, e non puidemos festexar o día como se merecía, porque a previsión meteorolóxica non era moi boa. Pese a isto, todos bailamos o noso peón na aula, e pese a que aínda non se nos da moi ben, a verdade é que cada vez o facemos con máis tino. Seguro que o curso que ven xa nos convertimos nuns expertos!!!!
FAGO O CAMIÑO COMO O TROMPO EN SAN MARTIÑO,
FAGO O CAMIÑO E NON DEIXO DE XIRAR!!!!
lunes, 3 de noviembre de 2014
MAGOSTO 2014
Seguimos de festa en festa. Despois das cabazas do xoves, o venres tocaba
comer as castañas todos xuntos para celebrar o Magosto.
Despois de escoitar a Patrick chegou o momento que levabamos esperando toda a semana... A FESTA DAS CASTAÑAS!!!! Primeiro vimos como os nosos compañeiros e compañeiras de cuarto bailaban o rap do Magosto e despois de marcarnos nós tamén un baile, comezamos a zampar nas castañas!!!! Que ricas estaban! Pero o mellor de todo foi, sen dúbida, os batidos de chocolate..... mmmmmmm!!!!! E como non... PODER XOGAR TODOS XUNTOS NO PATIO DOS MAIORES!!!!!
Moitas grazas pola vosa participación na festa, familias!!! Sempre é un gustazo celebrar estos días convosco!!!
miércoles, 29 de octubre de 2014
XA CHEGA O SAMAÍN!!!!
Hoxe chegamos moi cargados ao cole.... Era o día de traer as cabazas!
Pero non cabazas calquera, cabazas de Samaín! Que chulas nos quedaron,
non sí? Había de todo: bruxas, momias, monstruos, personaxes de debuxos... Mirade que orgullosos posamos coas nosas obras de arte!
VIVA O SAMAÍN!!!!
E as cabazas estaban tan, tan ben que tivemos un novo premio nas nosas clases. Este ano a dinosaura Daniela levou a mención á cabaza máis
orixinal polo seu monstruo das galletas!
Noraboa a Daniela e os seus papás por esta cabaza
tan doce!
Aproveitamos o blog para darvos as grazas pola vosa implicación nesta actividade. As cabazas quedaron chulísimas! Sodes uns verdadeir@s artistas!
martes, 28 de octubre de 2014
UNHA VISITA ESPACIAL!
Hoxe tivemos unha gran sorpresa!!! Unha visita dun traballador da Axencia Espacial Europea (ESA), Jorge, que chegou ao cole para contarnos como se fan os satélites que se mandan ao espazo e como se controlan para que nos envien fotos e imaxes de todo o Universo. Que traballo máis chulo ten Jorge!!! Todo o día mirando os planetas e as estrelas!!!
Xa aprendemos un montón de cousas novas: que hai planetas de roca e outros de gas, que o sol é unha estrela, que hay satélites artificiais e naturais,... pero seguiremos investigando nestes días porque todavía nos queda moito espazo por explorar e os elefantes e os dinosauros, seguimos convencidos: Queremos ser astronautas!!!
viernes, 24 de octubre de 2014
QUE VEÑEN OS CICLISTAS!
Onte os nenos e nenas da clase dos ciclistas convidáronnos a descubrir o mundo das bicis e do ciclismo da man de tres ciclistas profesionais!!! Así poidemos descubrir as diferenzas entre una bici de montaña, unha de carreiras e outra de paseo, ademais da indumentaria dun ciclista e do importante que é o casco para non dar golpes na nosa cabeciña.
Agora xa entendemos por qué elixiron ser a clase dos ciclistas... Como molan as bicis!!!! Non contaminan, facemos exercicio e ademais, é súper divertido!!!!
Moitas grazas á clase dos ciclistas e a súa profe pola invitación!!!!
Agora xa entendemos por qué elixiron ser a clase dos ciclistas... Como molan as bicis!!!! Non contaminan, facemos exercicio e ademais, é súper divertido!!!!
Moitas grazas á clase dos ciclistas e a súa profe pola invitación!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
