Hoxe tivemos unha gran sorpresa!!! Unha visita dun traballador da Axencia Espacial Europea (ESA), Jorge, que chegou ao cole para contarnos como se fan os satélites que se mandan ao espazo e como se controlan para que nos envien fotos e imaxes de todo o Universo. Que traballo máis chulo ten Jorge!!! Todo o día mirando os planetas e as estrelas!!!
Xa aprendemos un montón de cousas novas: que hai planetas de roca e outros de gas, que o sol é unha estrela, que hay satélites artificiais e naturais,... pero seguiremos investigando nestes días porque todavía nos queda moito espazo por explorar e os elefantes e os dinosauros, seguimos convencidos: Queremos ser astronautas!!!
Que suerte tienen estos peques cuantas visitas jijijiji
ResponderEliminarSi, a verdade é que temos moita sorte, porque sempre encontramos a alguén que ven a facernos o favor e... de balde!!! Os elefantes e os dinos estamos moi ilusionados co espazo e Jorge axudounos a querer aprender máis!
ResponderEliminarUn saúdo e moitas grazas polo comentario! É un pracer ver que participades!
Matías xa ten claro que quere ser astronauta.....de momento.
ResponderEliminar