lunes, 3 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

Seguimos de festa en festa. Despois das cabazas do xoves, o venres tocaba comer as castañas todos xuntos para celebrar o Magosto. 

O día comezou cunha visita da mesmísima Gran Bretaña! Patrick, o auxiliar de conversa dos maiores, veunos a explicar como celebran o Halloween en Inglaterra. Que ben o pasan os ingleses pedindo chuches polas casas, e máis vale que llelas dean porque se non... ovo na porta ou papel no xardín...Truco ou trato!

Despois de escoitar a Patrick chegou o momento que levabamos esperando toda a semana... A FESTA DAS CASTAÑAS!!!! Primeiro vimos como os nosos compañeiros e compañeiras de cuarto bailaban o rap do Magosto e despois de marcarnos nós tamén un baile, comezamos a zampar nas castañas!!!!  Que ricas estaban! Pero o mellor de todo foi, sen dúbida, os batidos de chocolate..... mmmmmmm!!!!! E como non... PODER XOGAR TODOS XUNTOS NO PATIO DOS MAIORES!!!!!




Moitas grazas pola vosa participación na festa, familias!!! Sempre é un gustazo celebrar estos días convosco!!!

2 comentarios:

  1. pero que bien lo pasan, asi da gusto de fiesta en fiesta jijiji. Gracias a vosotras por dejarnos participar, yo por lo menos encantada de poder pasar esos momentos con ellos

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que no Couceiro somos ben festeiros!!!! Vós encantados e eles... eles felices de que veñan os seus papis e as súas mamis ao cole!!!! Sempre é un pracer celebrar con vós as festas... E para a semana, suma e segue, que xa ven o Peón!!!!
    Moitas grazas pola túa participación, Lorena!!!!

    ResponderEliminar