miércoles, 30 de abril de 2014

MAIO CHEGOU!!!!!

Xa chegou a primavera... polo menos no cole. O venres o Couceiro encheuse de flores de todas as formas e cores para festexar entre todos a festa da primavera: Os Maios. Este era o noso primeiro Maio, e moitos nos sabiamos moi ben de que ía iso de facer unha figuriña con flores, pero estabamos tan ilusionados, que enseguidiña nos puxemos mans á obra. Mirade canto traballamos na nosa guirnalda de laranxas!







E despois de moito traballo... Que chulo quedou o noso Maio, verdade?


Aproveitamos para darlle as grazas ás familias, pola súa colaboración na recolleita das flores, e moi especialmente os papás, mamás e avós que nos viñeron a axudar a facer o noso primeiro Maio! Moitísimas grazas!!! Sodes uns artistas!!!!


 E xa para rematar.... VIVA O MAIO!!!!!
 



ANIVERSARIOS ABRIL

Este mes celebramos os aniversarios de Marina e Hugo. Moitas Felicicidades!!!!!

martes, 22 de abril de 2014

UN DINOSAURO MÁIS!

Xa estamos de volta!!! Pero hoxe eramos un máis nos percheiros... O noso cole ten un dinosauro máis!!!! 

BENVIDO AO NOSO COLE, ROI!!!!!


Os elefantes e os dinosauros estamos encantandos de ter un novo compañeiro de xogos, sobre todo os dinos que levamos moitos días preguntando cando chegabas para poder ensinarte todas as cousas chulas que facemos na nosa clase... Xa verás...

 Ímolo pasar pipa xuntos!!!!

viernes, 11 de abril de 2014

BICHIÑOS

Estes últimos días do trimestre, convertémonos en pequenos exploradores. Coa chegada da primavera, o cole o encheuse de bichiños que fomos descubrindo por todos os corredores. A profe Marga foi a encargada de axudarnos a atopalos para completar un álbum xigante onde deberíamos pegar os cromos dos bichos que fosemos encontrando. Grazas a ela, xa sabemos os seus nomes, en galego, en castelán e incluso... en inglés!!!!
Como fomos moi bos exploradores e atrapamos todos, a profe Marga e a profe Ana quixeron premiarnos cun agasallo moi especial: BICHIÑOS PARA XOGAR NA CLASE!!!! Os encargados de recoller o noso premio foron os "encargados do día": o elefante Mikel e o dinosauro Tomás. 
Como nos gustaron!!!! Moitas grazas Ana e Marga!!!!


E para acabar o trimestre que mellor maneira que disfrutar deste gran día de sol!!!!




MOI BOAS VACACIÓNS A TOD@S!!!!

domingo, 30 de marzo de 2014

ANIVERSARIOS MARZO

Este mes celebramos os aniversarios de Iván, Iria, Claudia, Iago e Alba. Moitas Felicidades!!!!



viernes, 21 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA

Coa chegada de primavera, chega tamén o Día da Poesía!!! Este ano adicámosllo a dúas persoas moi importantes: Ramiro Fonte e a súa obra que da nome á nosa biblioteca (Xardín do pasatempo) e a Rosalía de Castro. Ademais tivemos unha mensaxe especial dun antigo alumno do noso cole que ahora é ilustrador e nos agasallou cunhas ilustracións do libro de Ramiro Fonte. Pero o que máis nos gustou foi escoitar, da man dos nosos compañeiros, un montón de poesías de Rosalía de Castro. 



E a pesar de que o tempo non nos acompañou neste xornada... BENVIDA PRIMAVERA!!!!

jueves, 20 de marzo de 2014

VISITA AO MERCADO

Hoxe os elefantes e os dinosauros tivemos unha gran sorpresa.... A nosa primeira excursión! E que mellor maneira de empezar que coñecer as "cousiñas" que temos ao carón do cole: o mercado de Pontedeume!!!! Aproveitando que estamos traballando a alimentación, a mamá de Cris das tartarugas invitounos a coñecer o mercado e poder descubrir de primeira man, todas as cousas que alí se venden.
Aprendemos na carnizaría que dos porquiños cómese case todo... ata os rabiños e as tripas!!! E que na froitería, ademais de mandarinas e kiwis, hai verduras que parecen micrófonos!!!! E que na chacinería podemos encontrar un montón de cousas para facer bocatas!!!! 
Tamén pasamos pola peixería, onde estaba o papá de Cris e a tía de Sara, e vimos un peixe tan grande coma feo, parecía un tiburón!!!! E aprendemos tamén que os polbos poden esconderse, que son moi listos e cambian de cor... Pero, sen dúbida, o que máis nos chamou a atención é que no mercado tamén teñen caretas... caretas de porco!!!! (ou de lobo, como dicían máis de un)
Cantas cousas sabemos xa!!!! Agora soamente nos falta probalo todo!!!!




Queremos darlle as grazas a Cristina por invitarnos e ser a nosa guía, e sobre todo, pola súa paciencia, que ao ser a nosa primeira excursión, estabamos un pouco nerviosos...  Tamén a todos os praceiros e praceiras que nos atenderon estupendamente e nos ensinaron un montón de cousas. Moitas grazas a todos e todas!!!!

Viva a praza de Pontedeume e agora máis que nunca... Eu tamén son praceiro!!!!