jueves, 20 de marzo de 2014

VISITA AO MERCADO

Hoxe os elefantes e os dinosauros tivemos unha gran sorpresa.... A nosa primeira excursión! E que mellor maneira de empezar que coñecer as "cousiñas" que temos ao carón do cole: o mercado de Pontedeume!!!! Aproveitando que estamos traballando a alimentación, a mamá de Cris das tartarugas invitounos a coñecer o mercado e poder descubrir de primeira man, todas as cousas que alí se venden.
Aprendemos na carnizaría que dos porquiños cómese case todo... ata os rabiños e as tripas!!! E que na froitería, ademais de mandarinas e kiwis, hai verduras que parecen micrófonos!!!! E que na chacinería podemos encontrar un montón de cousas para facer bocatas!!!! 
Tamén pasamos pola peixería, onde estaba o papá de Cris e a tía de Sara, e vimos un peixe tan grande coma feo, parecía un tiburón!!!! E aprendemos tamén que os polbos poden esconderse, que son moi listos e cambian de cor... Pero, sen dúbida, o que máis nos chamou a atención é que no mercado tamén teñen caretas... caretas de porco!!!! (ou de lobo, como dicían máis de un)
Cantas cousas sabemos xa!!!! Agora soamente nos falta probalo todo!!!!




Queremos darlle as grazas a Cristina por invitarnos e ser a nosa guía, e sobre todo, pola súa paciencia, que ao ser a nosa primeira excursión, estabamos un pouco nerviosos...  Tamén a todos os praceiros e praceiras que nos atenderon estupendamente e nos ensinaron un montón de cousas. Moitas grazas a todos e todas!!!!

Viva a praza de Pontedeume e agora máis que nunca... Eu tamén son praceiro!!!!

2 comentarios:

  1. A Iago le encantó y a los papis también, la verdad es que casi siempre aprovecho para hacer la compra cuando está en el cole y vino encantado!

    ResponderEliminar
  2. Que ben que o pasara ben!!! A verdade é que estaban todos moi emocionados con iso de ir de excursión... Tanto que a pobre Cristina tivo que facer malabares para que atenderan!!!
    Faltounos o bus, que moitos tiñan ilusión por ir nel, pero queda pendente para a próxima.
    Un saúdo e grazas polo teu comentario!

    ResponderEliminar