Xa fai uns días, as xirafiñas e as tartarugas, estiveron explicándonos cousiñas que aprenderon sobre as nosas mascotas: os elefantes e os dinosauros. Agora xa sabemos moitas cousas novas como que os elefantes están na barriga das súas mamás ata que nacen, pero que os dinosauros saen dun ovo; que os elefantes viven en África e Asia, pero que os dinosauros xa non existen porque lles caeu unha roca do ceo que se chama meteorito... Que de cousas!!! Canto saben os maiores!!!
Moitas grazas as xirafiñas, as tartarugas e ás súas profes por compartir con nós toda esta información!!!
jueves, 28 de noviembre de 2013
viernes, 15 de noviembre de 2013
OLLO AO PIOLLO!!!
Estes días detectáronse casos de piollos nas aulas de infantil... Por favor, revisade as cabeciñas dos peques esta fin de semana. Moitas grazas!
martes, 12 de noviembre de 2013
DÍA DO PEÓN
Este luns 11 de novembro como un ano máis celebramos o Día do Peón. Para a maioría de nós era a primeira vez que xogabamos co peón polo que estabamos moi emocionad@s. Que difícil é facelo bailar !!!. Así foi polo que algúns acabamos un pouquiño "enfurruñados"... A pesar de todo, foi un día moi divertido.
Grazas unha vez máis ás familias por compartir este día con nós.
martes, 5 de noviembre de 2013
MAGOSTO
Imos de festa en festa!! Se o martes celebramos o Samaín, o mércores tocoulle ao Magosto. Como era a primeira vez que iamos ao patio dos maiores e que nos acompañaban as nosas familias, estabamos un pouquiño "despistados", pero aínda así, pasámolo moi ben.
Moitas grazas ás familias que compartiron este día con nós.
Se queredes ver o noso baile de novo, premede aquí:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=uPuu2X-3suU
martes, 29 de octubre de 2013
SAMAÍN
Xa chegou o Samaín ao cole!!!.Os elefantes e os dinosauros xa participamos tamén na festa facendo uns fantasmas moi arrepiantes que encheron o noso corredor. Pero sen dúbida o que máis ilusión nos fixo foi traer as nosas primeiras cabazas. Que chulas!!!. Grazas as familias pola súa colaboración, sodes uns verdadeiros artistas. E todo traballo ten a súa recompensa por iso a cabaza do elefante Iago levou o premio a "cabaza máis pequeña" do cole. Parabéns a Iago e a súa familia!!!
domingo, 27 de octubre de 2013
viernes, 25 de octubre de 2013
A PROFE PAULA
Esta semana temos nova profe... A PROFE PAULA!!!! Mentres que a profe Ilenia está esperando a que naza o seu bebé, Paula vainos dar informática e virá a axudarnos a facer algún traballiño na clase. Estamos moi ilusionados, sobre todo "as Paulas" que teñen nova compañeira de nome.
Aproveitamos para mandarlle un bico enorme á profe Ilenia de parte de tod@s!. Estamos desexando verte co teu bebé!
Aproveitamos para mandarlle un bico enorme á profe Ilenia de parte de tod@s!. Estamos desexando verte co teu bebé!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
