Este luns 11 de novembro como un ano máis celebramos o Día do Peón. Para a maioría de nós era a primeira vez que xogabamos co peón polo que estabamos moi emocionad@s. Que difícil é facelo bailar !!!. Así foi polo que algúns acabamos un pouquiño "enfurruñados"... A pesar de todo, foi un día moi divertido.
Grazas unha vez máis ás familias por compartir este día con nós.
Qué ben o pasamos!!
ResponderEliminarE aproveito para dar a benvida ao mundo dos blogs aos pequerrechos dos Dinosauros e Elefantes. Tamén dar a noraboa ás profes por este blog tan bonito.
Un saúdo das Tartarugas!
Seguro que Iago foi un dos "enfurruñados", ademáis esta vez non puidemos ir a compartir este día. Pero veu moi contento co seu peón e a verdade é que o sabe bailar mellor ca nós!
ResponderEliminarPois si que houbo máis de un enfurruñado, pero Iago estivo moi moi contento co seu peón, intentouno unha e outra vez con todas as súas forzas... O importante é que, pese a non lograr bailalo, pásamolo pipa intentándoo. July, non te preocupes, o ano que ven haberá máis peón, para nenos e para pais. Un saúdo!
EliminarMOITAS GRAZAS PROFE MARÍA POR ESTA BENVIDA. AS TARTARUGAS TAMÉN TEDES UN BLOG MOI BONITO.
ResponderEliminar