martes, 26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Onte, pola conmemoración do Día do libro, Güino invitounos á biblioteca á presentación dun libro moi especial: Artesáns de Pontedeume. Este libro foi feito polos nenos e nenas do colexio fai moitos cursos e recolle os oficios galegos máis tradicionais, dende os e as redeiras e os mariscadores e mariscadoras, ata os panadeiros e panadeiras, os zoqueiros e zoqueiras ou os tecedores e tecedoras. E para presentalo veu ao cole a mestra dun destes nenos e nenas, unha mestra chamada Alicia que xa non está no cole, pero que se ofreceu a explicarnos como fixeran este xenial libro.


 

E como Güino é güai, deixounos un agasallo... Unha copia do libro que nos presentou para telo na nosa biblioteca de aula!!!! Grazas!!!!!





jueves, 21 de abril de 2016

Unha cova con moita arte!

Que chulada de cova troglodítica temos no noso corredor!

Xa sabedes que estamos inmersos de cheo no estudio da prehistoria e unha das cousas que máis nos chamou a atención foi que os primeiros homes tamén eran moi "artistas".

Nós, que tamén somos moi "artistas", quixemos facer coma eles e decorar a nosa cova.
Así que puxémonos mans á obra, nunca mellor dito, para deixar a nosa man estampada como facían os primeiros homes e mulleres.

Cada quen elexiu con que quería pintar: sangue dun mamut recién cazado, cinza da fogueira da noite, barro recollido preto do río, follas recollidas polos nenos do Clan aplastadas, froitos dos arbustos que atopamos preto da caverna moi espachurradiños...

Como vedes o resultado é do máis primitivo!!!


lunes, 4 de abril de 2016

QUE FACEMOS NUN INCENDIO???

Hoxe viñeron ao cole uns amigos dos bombeiros.... Fran, Nerea e Sara, tres chicos de Protección Civil, que nos contaron o que tiñamos que facer se un día houbera un incendio no cole ou na nosa casa. Agora xa sabemos que se vemos fume temos que avisar a un profe e taparnos a boca e o nariz co mandilón, coa chaqueta,... que non podemos escondernos e que temos que saír a modo e sen berrar deixando todas as cousas na clase. 

Esperemos non ter que utilizar nunca os vosos consellos, pero no caso de que se dea o caso, agora xa sabemos todos o que hai que facer!!!! Moitas grazas, Fran, Nerea e Sara!!!!

viernes, 1 de abril de 2016

ANIVERSARIOS DE MARZO

Este mes festexamos os aniversarios dos elefantes Claudia, Iria, Iago e Iván e da dinosaura Alba.... MOITAS FELICIDADES POR ESES SEIS ANAZOS!!!



IMOS A POLO ÚLTIMO TRIMESTRE!!!

Xa estamos de volta de vacacións de Semana Santa con forzas renovadas!! E que mellor maneira de empezar esta semana que disfrutando dos nosos e das nosas compis!!!! Mirade, mirade que ben empezamos no noso último trimestre en Infantil!!


viernes, 18 de marzo de 2016

DÍA DA POESÍA

Hoxe festexamos no cole o Día da poesía por todo o alto, recitando un poema de Manuel María, "O arco da vella" para todas as nosas familias e compañeiros e compañeiras de Infantil. Somos uns verdadeiros poelas, non credes??




Aproveitamos para desexarvos unhas boas vacacións. Gozade moito destes días cos elefantes e os dinosaurios e vémonos á volta!




BOAS VACACIÓNS!!!!


martes, 8 de marzo de 2016

Celebramos o dia da muller

Hoxe, 8 de marzo de 2016, conmemoramos no cole  o día internacional da muller traballadora.

Güino convidounos a todos ao contacontos do "O libro dos Porcos", de Anthony Browne, que fixeron os compis de 5º e 6º de primaria.


          

Xa vedes que estiveron moi atentos e atentas, esperamos que lles gustara moito e sirva para reflexionar no cole e na casa. De feito algún neno xa preguntaba cando celebrábamos o día dos homes, esperamos que nun futuro non moi lonxano, non faga falta conmemorar esta data.


Deixámosvos a historia do conto por si queredes compartirla connosco: