Onte, pola conmemoración do Día do libro, Güino invitounos á biblioteca á presentación dun libro moi especial: Artesáns de Pontedeume. Este libro foi feito polos nenos e nenas do colexio fai moitos cursos e recolle os oficios galegos máis tradicionais, dende os e as redeiras e os mariscadores e mariscadoras, ata os panadeiros e panadeiras, os zoqueiros e zoqueiras ou os tecedores e tecedoras. E para presentalo veu ao cole a mestra dun destes nenos e nenas, unha
mestra chamada Alicia que xa non está no cole, pero que se ofreceu a
explicarnos como fixeran este xenial libro.
E como Güino é güai, deixounos un agasallo... Unha copia do libro que nos presentou para telo na nosa biblioteca de aula!!!! Grazas!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario