viernes, 22 de enero de 2016

PREPARANDO O ENTROIDO...

Ola familias!
O entroido está chegando e como sabedes este ano imos de épocas hisóticas. Os nenos e nenas de Infantil imos da Prehistoria, polo que o noso disfrace será de cavernícola. Este ano, deixamos o vestido á vosa imaxinación, pero por se vos serve de inspiración aí van uns exemplos!





Lembrade que do tocado da cabeza encargámonos nós!
Moitas grazas!

miércoles, 20 de enero de 2016

ONDE ESTÁ O SAL DA AUGA DO MAR?

Os elefantes e dinosauros seguemos a investigar do mar... Xa sabemos moito dos animais que alí viven, pero temos outras dúbidas... Por que é salgada a auga do mar e doce a do río? Ten sal ou zucre? E sobre todo... Onde está o sal??
Para poder averigualo, as profes propuxéronnos un experimento: coller un pouco de agua salgada da ría, quentala co sol ou co calor (pois quedamos que así desaparecería a auga como cando cocemos un ovo) e... a ver que pasa!!!! Quedará o sal? Pois non sabemos... Seguiremos informando....


Pero ademais, na nosa "mini excursión" atopamos un animaliño do mar. Non sabiamos moi ben se era ou non un ourizo de mar, porque non tiña moitas púas, polo que o levamos ás aulas para investigalo.Tras mirar nos nosos libros do mar, descubrimos que os ourizos perden as púas cando morren... Pobre!




viernes, 8 de enero de 2016

Xa estamos no 2016!!!!

Xa estamos de volta!!!!! Que ganas tiñamos de vernos e contarnos o ben que o pasamos nas festas e, sobre todo,  o que nos trouxeron Papá Noel e os Reis Magos!!! Pero que bos e boas fomos... Cantos agasallos!!! Coches, consolas, bonecas, bolsos, maquillaxe... e ata unhas caixas rexistradoras que nos deixaron no cole!!!! Como molan estes reis, vaian en camelo, en bici ou tractor! 
Mirade, mirade, que boa maneira tivemos de recibir o ano...


Por certo... FELIZ ANO A TOD@S!!!!




sábado, 19 de diciembre de 2015

OS REIS EN BICI!!!

E por fin chegou o gran día... O día de festexar por todo o alto o Nadal. E os elefantes e os dinosauros eleximos ser uns auténticos reis magos, pero uns reis especiais que abandonaron os camelos e convertíronse en ciclistas!!!! (eso si, ciclistas un pouco patosos... ). Iamos ben guapos, non si?


Se queredes ver de novo a nosa gran actuación, premede en CELECOFRE ou na web do cole e poderedes disfrutar non só do noso "meneo" senón tamén doutras actuacións de Nadal dos nosos compañeiros e compañeiras.

Pero o día non rematou aquí. Despois de darlle ao esquelete, viñeron a vernos, nada máis e nada menos que os mesmos paxes reais que levaron as nosas cartas para entregárllelas directamente aos Reis Magos!!!




E xa por último e como guinda do pastel: una gran comilona.... Como nos puxemos!!!! Esto si que é un bo comezo das vacacións!!!




Aproveitamos o blog para desexarvos a todos un BO NADAL!!! Disfrutade moito das vacacións cos elefantes e os dinos, e entrade con bo pé no novo ano. Vémonos no 2016!!!!
Unha aperta moi grande das profes.

lunes, 14 de diciembre de 2015

OS ANIVERSARIOS DE DECEMBRO...

XA TEMOS TODOS 5 ANOS!!
Os pequerrechos das clases, Pablo e Daniela, cumpliron durante este mes de decembro e o celebramos como se merece nas clases cunha boa torta e uns riquísimos zumes.




PARABÉNS PEQUECHOS!! E A CUMPRIR MOITOS MAIS!!

GÜINO RECOMÉNDANOS ESTE NADAL...

Seguro que xa estades escribindo as cartas a Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos así que Güino e o seu equipo propóñennos uns contos e libros do mais entretidos cos que seguro gozaredes toda a familia.

Durante esta semana estarán expostas todas estas recomendacións na biblio para que podades botarlles unha ollada.
Bo Nadal e boas lecturas!!

viernes, 11 de diciembre de 2015

UNHA ÁRBORE DE TRIÁNGULOS

Por fin chegou o Nadal!!! Pero esta festa non é nada sen unha árbore, pero non unha árbore calquera... non, non... un precioso piñeiro de Nadal cheíño de triángulos!!!! A que nos quedou chulo??? Pasade polo corredor e observade o voso gran traballo en familia, a verdade é que merece a pena velo!



Aproveitamos a blog para darvos de novo as grazas pola vosa colaboración, familias!!!!!!!


E que ... VIVA O NADAL!!!!