lunes, 9 de febrero de 2015

2º MANDADIÑO DE MANOLO

E seguindo co primeiro mandadiño, hoxe aparecemos todos e todas cuns sombreiros, chulísimos!!!!! Pero a festa con Manolo non ten fin, e xa tiña unha nova orde para nós...

  









O MARTES, 
A MÁIS TARDAR, 
VIRÁS CUN FULAR.

viernes, 6 de febrero de 2015

1º MANDADIÑO DE MANOLO!

Xa se achega o Entroido e, con el, o Esqueleto Manolo que comeza a facer das súas... Si, si, os mandadiños de Manolo xa están de volta!!!!!
 Que ilusión nos fixo!!!! Este é a súa primeira trasnada....                    

 O LUNS MOI CEDIÑO, 
VIRÁS CUN SOMBREIRIÑO.


 

       
 Así que xa sabedes, o luns todos e todas ben guapos cun sombreiro de festa!!!!!!


miércoles, 4 de febrero de 2015

PREPARANDO A SAMBA...

Como xa vichedes na porta da entrada, deixámosvos algúns exemplos por se vos sirven de inspiración na elaboración do disfrace dos "nosos sambeiros". Aínda que nas fotos vexades que levan camisa e a barriga ao aire, coma nós non vivimos no caribe, que leven un xersei ou camiseta negra e uns leggins ou pantalóns negros, tal e como vos puxémonos na circular. So habería que añadir os volantes nas mans e pes e o faxín, no caso dos nenos, e a falda no caso das nenas.

Para a maquillaxe, calquera idea que teñades é válida. Nós vos deixamos estas imaxes, para que vos fagades unha idea, pero estamos seguras de que o ides a facer moito mellor!!!


 

lunes, 2 de febrero de 2015

MALALA SON!

O venres festexamos no cole o Día da Paz, e esta vez adicámosllo a Malala, unha nena que loitou e segue loitando polos dereitos dos nenos e nenas. E en homenaxe puxémnos una fulares e bailamos ao ritmo de Bollywood. Que chulo nos quedou!!
A lástima é que o tempo, outro ano máis, non nos acompañou polo que non puidemos celebralo coas familias. Haberá que esperar ata o ano que ven, maís se queredes ver o baile premede aquí.


FELIZ DÍA DA PAZ!!!!

jueves, 29 de enero de 2015

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Este mes festexamos os aniversarios das dinosauras Sara e Zaira... 

FELICIDADES, PECHERRECHAS!!!


viernes, 23 de enero de 2015

CADRO DE INVERNO

Os elefantes e dinosauros dámoslle a benvida ao inverno pintando un "GRAN CADRO INVERNAL". Somos uns artistas!!!!!

martes, 13 de enero de 2015

FELIZ ANINOVO!!!!

Xa estamos aquí de novo!!!! Despois dunhas merecidas vacacións, a verdade é que estabamos desexando voltar ao cole para contarlle aos nosos compis todo o que nos trouxeron os Reis Magos e Papá Noel! Tivemos que ser moi bos, porque as listas de agasallos eran eternas!!!!
Pero o mellor destes días foi poder xogar todos xuntos de novo no patio e nas aulas!!!!
Mirade que ben o pasamos!!!!!