miércoles, 4 de febrero de 2015

PREPARANDO A SAMBA...

Como xa vichedes na porta da entrada, deixámosvos algúns exemplos por se vos sirven de inspiración na elaboración do disfrace dos "nosos sambeiros". Aínda que nas fotos vexades que levan camisa e a barriga ao aire, coma nós non vivimos no caribe, que leven un xersei ou camiseta negra e uns leggins ou pantalóns negros, tal e como vos puxémonos na circular. So habería que añadir os volantes nas mans e pes e o faxín, no caso dos nenos, e a falda no caso das nenas.

Para a maquillaxe, calquera idea que teñades é válida. Nós vos deixamos estas imaxes, para que vos fagades unha idea, pero estamos seguras de que o ides a facer moito mellor!!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario