Xa estamos aquí de novo!!!! Despois dunhas merecidas vacacións, a verdade é que estabamos desexando voltar ao cole para contarlle aos nosos compis todo o que nos trouxeron os Reis Magos e Papá Noel! Tivemos que ser moi bos, porque as listas de agasallos eran eternas!!!!
Pero o mellor destes días foi poder xogar todos xuntos de novo no patio e nas aulas!!!!
Mirade que ben o pasamos!!!!!
martes, 13 de enero de 2015
lunes, 22 de diciembre de 2014
O ROCK DO BACALLAU
E despois de moitos ensaios... por fin chegou o gran día!!!! O día de festexar a chegada das vacacións de Nadal!!!! E que mellor forma de facelo, que marcarnos un baile con moito, moito ritmo: Un rock!!!! Está claro que os elefantes e os dinosauros non queremos pensar noutra cosa que en bailar, nin queremos ser taxistas, nin médicos, nin labregos, nin deportistas.... E a verdade é que isto de bailar dásenos moi, pero que moi ben, non creedes?
Se queredes ver de novo a nosa actuación ou a dos nosos compañeiros e compañeiras, podedes ir á web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcouceirofreijomil/ ou PREMER AQUÍ.
Despois da nosa gran actuación tivemos una visita moi especial: os paxes reais, que viñan dende Oriente a buscar as nosas cartas para levárllelas aos Reis Magos. Co ben que nos portamos, seguro que nos traen algunha das cousiñas que lles pedimos...
Despois da nosa gran actuación tivemos una visita moi especial: os paxes reais, que viñan dende Oriente a buscar as nosas cartas para levárllelas aos Reis Magos. Co ben que nos portamos, seguro que nos traen algunha das cousiñas que lles pedimos...
E para rematar o día, que mellor que xogar todos xuntos, eso sí, despois de encher ben os bandullos na superfesta de Nadal. Pero que día máis completo... Esto si que é un boa maneira de comezar as vacacións!
E xa por último, por se queredes pasar o Nadal entre libros, Güino deixavos estas recomendacións dende a biblioteca. PREMEDE AQUÍ
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa implicación no festival. Os nenos e as nenas estaban guapísmos!!!! Pásade unhas boas vacacións e... BO NADAL A TODOS OS NOSOS ELEFANTES E DINOSAUROS E ÁS SÚAS FAMILIAS! Vémonos o día 8 de xaneiro.
jueves, 18 de diciembre de 2014
viernes, 12 de diciembre de 2014
MUSICREQUES
Hoxe a profe Lara tiña unha gran sorpresa para nós: UNS MONICREQUES MUSICAIS!!!! Nas últimas semanas estivemos traballando na clase de
música ao compositor Dvorak e ás súas danzas húngaras, e hoxe poidemos escoitar todas
as melodías e coñecer a uns personaxes moi chulos encargados de ensinárnolas!!! Como nos rimos, co lobo, coa bruxa, co rei, coa rá, co paxaro,... pero sobre todo con Iván, o protagonista, un ruso ao que o rei lle quería curtar a cabeza e o seu querido bigote!!!!
Aproveitamos o blog para darlle as grazas a
mamá de Iago das bolboretas, que foi a verdadeira artífice desta
actividade, e ás súas compañeiras do Conversatorio de Ferrol. Tamén á
profe Lara, por enchernos de música cada xoves e promover estas
actividades cos peques do cole.
viernes, 5 de diciembre de 2014
A NOSA ÁRBORE MUSICAL!
Xa falta menos para o Nadal, e para ir calentando motores, xa temos listo a nosa árbore musical!!!! Unha árbore cheíña de campás de mil cores!!! Quedou chula, verdade?
Moitas grazas, coma sempre, pola vosa implicación e colaboración. Estades feitos uns artistas!
martes, 2 de diciembre de 2014
VISITA Á CASA DAS CIENCIAS
E por fin chegou o día!!! Despois de estar estudando todo o mes de novembro sobre o universo, puidemos ir á Casa das Ciencias de A Coruña para ver as estrelas, os planetas, o sol e a lúa dende o planetario!!!! Cantas cousas sabemos xa!!! A nosa amiga, a estrela Fugaz foi a nosa guía pola nosa viaxe ao espazo e ensinounos todo o que hai alí arriba e todo o que podemos ver dende o noso planeta, a Terra.
Unha vez rematada a sesión do planetario, fomos dar unha volta pola Casa das Ciencias... Que divertido é este museo!!! Pódese tocar todo!!!! Pompas de xabón, pelotas, e ata unha guitarra!!!! Pero sen dúbida, o que máis nos gustou, foron os poliños!!! Que pequenos!
VIVA O PLANETARIO E A CASA DAS CIENCIAS!!!!
lunes, 1 de diciembre de 2014
CALENTANDO MOTORES PARA A VIAXE ESPACIAL!
E para calentar motores para a viaxe de mañá, aí vos deixamos uns vídeos sobre os sistema solar e os planetas, por si queredes velos outra vez!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)