E despois de moitos ensaios... por fin chegou o gran día!!!! O día de festexar a chegada das vacacións de Nadal!!!! E que mellor forma de facelo, que marcarnos un baile con moito, moito ritmo: Un rock!!!! Está claro que os elefantes e os dinosauros non queremos pensar noutra cosa que en bailar, nin queremos ser taxistas, nin médicos, nin labregos, nin deportistas.... E a verdade é que isto de bailar dásenos moi, pero que moi ben, non creedes?
Se queredes ver de novo a nosa actuación ou a dos nosos compañeiros e compañeiras, podedes ir á web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcouceirofreijomil/ ou PREMER AQUÍ.
Despois da nosa gran actuación tivemos una visita moi especial: os paxes reais, que viñan dende Oriente a buscar as nosas cartas para levárllelas aos Reis Magos. Co ben que nos portamos, seguro que nos traen algunha das cousiñas que lles pedimos...
Despois da nosa gran actuación tivemos una visita moi especial: os paxes reais, que viñan dende Oriente a buscar as nosas cartas para levárllelas aos Reis Magos. Co ben que nos portamos, seguro que nos traen algunha das cousiñas que lles pedimos...
E para rematar o día, que mellor que xogar todos xuntos, eso sí, despois de encher ben os bandullos na superfesta de Nadal. Pero que día máis completo... Esto si que é un boa maneira de comezar as vacacións!
E xa por último, por se queredes pasar o Nadal entre libros, Güino deixavos estas recomendacións dende a biblioteca. PREMEDE AQUÍ
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa implicación no festival. Os nenos e as nenas estaban guapísmos!!!! Pásade unhas boas vacacións e... BO NADAL A TODOS OS NOSOS ELEFANTES E DINOSAUROS E ÁS SÚAS FAMILIAS! Vémonos o día 8 de xaneiro.
Todo muy bien.Las profes son unas expertas en todo esto.felicidades a las profes por hacer tantas cosas con los niños.Los peques estaban super bien y lo hicieron guay........
ResponderEliminarTodo genial, Nuria tu siempre con tu detayito para cada niño mil gracias felices fiestas
ResponderEliminarAlegrámonos moito de que vos gustara a actuación, fixémola con todo o cariño do mundo. Os elefantes e os dinosauros estaban moi emocionados de que viñeran a velos os seus papás e as súas mamás!!! O do detalliño, ben merecido o teñen, que son uns nenos estupendos! Pasade boas festas e tede unha boa entrada no 2015!
ResponderEliminarUn bico moi forte para tod@s!!!!