Hoxe tivemos unha gran sorpresa!!! Unha visita dun traballador da Axencia Espacial Europea (ESA), Jorge, que chegou ao cole para contarnos como se fan os satélites que se mandan ao espazo e como se controlan para que nos envien fotos e imaxes de todo o Universo. Que traballo máis chulo ten Jorge!!! Todo o día mirando os planetas e as estrelas!!!
Xa aprendemos un montón de cousas novas: que hai planetas de roca e outros de gas, que o sol é unha estrela, que hay satélites artificiais e naturais,... pero seguiremos investigando nestes días porque todavía nos queda moito espazo por explorar e os elefantes e os dinosauros, seguimos convencidos: Queremos ser astronautas!!!

