Onte os nenos e nenas da clase dos ciclistas convidáronnos a descubrir o mundo das bicis e do ciclismo da man de tres ciclistas profesionais!!! Así poidemos descubrir as diferenzas entre una bici de montaña, unha de carreiras e outra de paseo, ademais da indumentaria dun ciclista e do importante que é o casco para non dar golpes na nosa cabeciña.
Agora xa entendemos por qué elixiron ser a clase dos ciclistas... Como molan as bicis!!!! Non contaminan, facemos exercicio e ademais, é súper divertido!!!!
Moitas grazas á clase dos ciclistas e a súa profe pola invitación!!!!
viernes, 24 de octubre de 2014
jueves, 23 de octubre de 2014
miércoles, 22 de octubre de 2014
CHEGA O MAGOSTO!!!!
Xa se está chegando o Magosto e con el... as CASTAÑAS!!!! Para poder preparar o noso porta-castañas e poder comelas ben a gusto na festa, os elefantes e os dinosauros necesitamos un brick baleiro,
limpiño e cortado pola metade (todos os lados menos unha das caras
anchas).
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
martes, 14 de octubre de 2014
EXPLORAMOS O UNIVERSO
Os elefantes e os dinosauros queremos converternos en astronautas, pero para iso necesitamos coñecer todo o que esconde o universo: estrelas, planetas, lúas, ...
Se queredes axudarnos na nosa investigación, podedes traer libros ou calquera outra cousiña que nos poida valer para descubrir, entre todos, o noso universo.
Se queredes axudarnos na nosa investigación, podedes traer libros ou calquera outra cousiña que nos poida valer para descubrir, entre todos, o noso universo.
Moitas grazas a tod@s por participar!
martes, 30 de septiembre de 2014
viernes, 26 de septiembre de 2014
OLLO AO PIOLLO!!!
Estes días detectáronse casos de piollos nas aulas de infantil... Por
favor, revisade as cabeciñas dos peques esta fin de semana. Moitas
grazas!
viernes, 12 de septiembre de 2014
XA SOMOS DE 4!!!!
E así, case sen darnos conta, comezamos un novo curso. Un curso cheo de novidades. A primeira na clase dos elefantes, que teñen profe nova!!! Pero ata que María se incorpore da súa baixa, teremos connosco a Begoña, xa convertida nun elefante máis dende o primeiro día... BENVIDA BEGOÑA Á NOSA SELVA PARTICULAR!!!
Pero as novidades non acaban aí... Agora a profe Ana vainos dar informática e a profe Ilenia psicomotricidade e atención educativa, temos ao profe Julio no taller de linguaxe, e o máis chulo.... TEMOS CLASE NOVA!!!!
Os elefantes e os dinosauros estamos moi emocionados con tantas novidades, tanto que o primeiro día andabamos un pouco despistados, sobre todo
polo cambio de aula. Non sabiamos moi ben cal era o noso percheiro nin a nosa porta, porque.... XA ESTAMOS EN 4!!!! Como nos gustan as nosas novas clases, teñen un montón de xoguetes para pasalo pipa entre todos.
Pero, sabedes o que máis nos gustou de todo???? Voltar a estar todos xuntos!!!! Que ganiñas tiñamos de vernos e de xogar cos compis!!!! Mirade, mirade...
Aproveitamos a ocasión para desexarlle moita sorte á nosa querida profe Ana na súa nova andaina. Nós aquí botámoste moito en falta, así que non te esquezas de nós que nós nunca nos esqueceremos de ti. Un bico enorme dos elefantes, dos dinosauros e desta "dinosaura" que escribe.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)