E así, case sen darnos conta, comezamos un novo curso. Un curso cheo de novidades. A primeira na clase dos elefantes, que teñen profe nova!!! Pero ata que María se incorpore da súa baixa, teremos connosco a Begoña, xa convertida nun elefante máis dende o primeiro día... BENVIDA BEGOÑA Á NOSA SELVA PARTICULAR!!!
Pero as novidades non acaban aí... Agora a profe Ana vainos dar informática e a profe Ilenia psicomotricidade e atención educativa, temos ao profe Julio no taller de linguaxe, e o máis chulo.... TEMOS CLASE NOVA!!!!
Os elefantes e os dinosauros estamos moi emocionados con tantas novidades, tanto que o primeiro día andabamos un pouco despistados, sobre todo
polo cambio de aula. Non sabiamos moi ben cal era o noso percheiro nin a nosa porta, porque.... XA ESTAMOS EN 4!!!! Como nos gustan as nosas novas clases, teñen un montón de xoguetes para pasalo pipa entre todos.
Pero, sabedes o que máis nos gustou de todo???? Voltar a estar todos xuntos!!!! Que ganiñas tiñamos de vernos e de xogar cos compis!!!! Mirade, mirade...
Aproveitamos a ocasión para desexarlle moita sorte á nosa querida profe Ana na súa nova andaina. Nós aquí botámoste moito en falta, así que non te esquezas de nós que nós nunca nos esqueceremos de ti. Un bico enorme dos elefantes, dos dinosauros e desta "dinosaura" que escribe.
Pero, sabedes o que máis nos gustou de todo???? Voltar a estar todos xuntos!!!! Que ganiñas tiñamos de vernos e de xogar cos compis!!!! Mirade, mirade...
Aproveitamos a ocasión para desexarlle moita sorte á nosa querida profe Ana na súa nova andaina. Nós aquí botámoste moito en falta, así que non te esquezas de nós que nós nunca nos esqueceremos de ti. Un bico enorme dos elefantes, dos dinosauros e desta "dinosaura" que escribe.
Ola a todos! Son a profe Ana. En primeiro lugar quero dar as grazas á profe Nuria por lembrarse de min e adicarme esas palabras de apoio. Podes estar segura de que eu tampouco me esquecerei de vos.
ResponderEliminarNon sabedes a ilusión que me fixo ver aos meus elefantiños e aos dinosauros xogando tan contentos no cole outra vez. Bueno a verdade e que as fotos paseinas moi moi rápido porque me estaba emocionando demasiado...Estades moi maiores e moi guapos e guapas. Eu tamén vos boto de menos pero estou tranquila porque sei que quedades en boas mans e aínda que, dende a distancia, seguirei os vosos pasos. Unha aperta moi forte para os elefantes e os dinosauros e as súas familias e outra para ese equipo de infantil tan fantástico que tedes. Ata pronto!!!!
Holaa soy la mama de daniela (dinosaurios) no me deja ver las fotos es a mi sola???
ResponderEliminara mi me pasa lo mismo me aparece en blanco
ResponderEliminarOla a todas! Ante todo moitas grazas por particpar no blog. Onte estivemos mirando se había algún problema coa presentación, pero parace que está todo ben. Miramos en varios ordenadores e vese perfectamente tanto no cole como nas nosas casas.
ResponderEliminarSó vos ocorre nesta presentación de fotos ou tamén noutras? Mirades o blog no ordenador ou noutro dispositivo? Avisádenos, porque se este programa de presentación de fotos segue dando problemas, buscamos outro sen problema.
Esperamos a vosa resposta, a ver se podemos arranxar o problema canto antes.
Un saúdo