domingo, 22 de diciembre de 2013

XA ME TARDAN ESTES MAGOS...

E por fin chegou o gran día!!! A nosa primeira actuación no cole!!! Despois de tantos días de ensaio, puidemos lucirnos ante as nosas familias coas nosas mellores galas de noite... Que guapos estabamos en pixama esperando aos Reis Magos!!!




Esperamos que vos gustara o noso baile e que o pasarades tan ben como nós facéndoo. Se queredes volver a ver a nosa actuación e as dos nosos compañeir@s maiores, podedes consultar o blog de CELECOFRE (premede aquí).
 
Pero o día non rematou aquí... Despois do festival, tivemos unha visita moi especial: a dos Paxes Reais, que levaron as nosas cartas ás súas Maxestades. Puxémonos tan nerviosos, que algúns non puideron conter as bágoas, mais as nosas mensaxes entraron igual no buzón real e xa estarán camiño a Oriente.



E como fin de festa.... unha comilona! Turróns, gusanitos, patacas... Que rico estaba todo! Mirade como nos puxemos!




E por se non queredes aburrirvos e pasar unhas vacacións cheas de libros, aí vos deixamos estas recomendacións de Güino dende a biblioteca para disfrutar cos pequerrechos.

Se tedes algún problema para visualizalo, premede aquí
E agora só nos queda dicir.... FELICES FESTAS A TOD@S!!!!! A disfrutar moito das vacacións, elefantes e dinosauros!!! Vémonos o día 9 de xaneiro coas pilas recargadas.
Un biquiño moi forte das profes.

jueves, 19 de diciembre de 2013

jueves, 12 de diciembre de 2013

A ÁRBORE DE NADAL

Por fin chegou o Nadal ao noso cole!!!! E nestas datas non pode faltar unha bonita árbore...
Moitas grazas familias pola vosa colaboración. Sodes uns verdadeiros artistas!!! Non dubidedes en pasar a vela, merece a pena!

jueves, 28 de noviembre de 2013

APRENDEMOS DE ELEFANTES E DINOSAUROS

Xa fai uns días, as xirafiñas e as tartarugas, estiveron explicándonos cousiñas que aprenderon sobre as nosas mascotas: os elefantes e os dinosauros. Agora xa sabemos moitas cousas novas como que os elefantes están na barriga das súas mamás ata que nacen, pero que os dinosauros saen dun ovo; que os elefantes viven en África e Asia, pero que os dinosauros xa non existen porque lles caeu unha roca do ceo que se chama meteorito... Que de cousas!!! Canto saben os maiores!!! Moitas grazas as xirafiñas, as tartarugas e ás súas profes por compartir con nós toda esta información!!!



 

viernes, 15 de noviembre de 2013

OLLO AO PIOLLO!!!

Estes días detectáronse casos de piollos nas aulas de infantil... Por favor, revisade as cabeciñas dos peques esta fin de semana. Moitas grazas!


martes, 12 de noviembre de 2013

DÍA DO PEÓN

Este luns 11 de novembro como un ano máis celebramos o Día do Peón. Para a maioría de nós era  a primeira vez que xogabamos co peón polo que estabamos moi emocionad@s. Que difícil é facelo bailar !!!. Así foi polo que algúns acabamos un pouquiño "enfurruñados"... A pesar de todo,  foi un día moi divertido. 


Grazas unha vez máis ás familias por compartir este día con nós.

martes, 5 de noviembre de 2013

MAGOSTO

Imos de festa en festa!! Se o martes celebramos o Samaín, o mércores tocoulle ao Magosto. Como era a primeira vez que iamos ao patio dos maiores e que nos acompañaban as nosas familias, estabamos un pouquiño "despistados", pero aínda así, pasámolo moi ben.
Moitas grazas ás familias que compartiron este día con nós.



Se queredes ver o noso baile de novo, premede aquí:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=uPuu2X-3suU