martes, 10 de mayo de 2016

CONTACONTOS KALANDRAKA

Hoxe, ao chegar ao cole, atopámonos con unha gran sorpresa... Patricia e Álex, os nosos contacontos favoritos, viñan hoxe a contarnos miles de historias!!!! Moitos dos elefantes e dos dinos tiñamos aínda no recordo o acordeón de Álex e o Sacapenas que Patricia nos agasallou, e estivemos moi ansiosos esperando a volta do recreo para poder ir á biblioteca. 


Esta vez, Patricia e Álex, contáronnos a historia dun pequeno raposo, ao que todos os animais do bosque consideraban moi pequeno para darlle unha responsabilidade, ata que el demostrou que non importa ser pequeno para ter grandes ideas... lucelús para alumar as súas covas na noite! Pero, ademais, lembraron con nós un dos nosos libros favoritos... A que sabe a lúa? Unha historia de amizade na que puidemos ver que se todos os amigos traballamos xuntos e nos esforzamos podemos chegar á lúa e máis alá!



En fin... Cantamos, rimos e ata coñecemos novos e raros instrumentos: a carraca e a frauta de émbolo!!!!
Que ben o pasamos!
Moitas grazas, Álex e Patricia!!!

jueves, 5 de mayo de 2016

SIMULACRO NO COLE

Levamos toda a semana imaxinando sirenas e por fin hoxe.... activouse o simulacro! A verdade é que o fixemos moi ben... Os dinos foron os primeiros en ver o fume saíndo da caldeira e enseguida avisaron ás profes... Nun ratiño, xa soou a alarma de incendios!!!
Tal e como nos dixeron os chicos e chicas de Protección civil, puxémonos en fila e saímos a modiño pegadiños á parede, pechando a porta ao saír. Sen présa pero sen pausa, chegamos o pavillón para xuntarnos co resto dos compañeir@s!
Cantos medios!!!! Bombeiros, Protección civil, sirenas, ambulancias... ata tiñamos uns feridos!!!! Menos mal que era todo broma, mais se chega a pasar algo no cole, os elefantes e os dinos estamos máis que preparados para afrontalo!

Moitas grazas a todos os membros de Protección civil, aos Bombeiros de As Pontes e ao persoal sanitario por axudarnos neste día.

OLLO AO PIOLLO!!!

Estes días detectáronse casos de piollos nas aulas de infantil... Por favor, revisade as cabeciñas dos peques. Moitas grazas!

martes, 3 de mayo de 2016

XARDIÑEIR@S!

Hoxe plantamos uns bulbos de cebolleta e dunha flor con una nombre moi raro pero moi bonita: a montbretia! A ver se agora que chegou a primavera podemos encher todo de flores!!!!  Estaremos moi atent@s a ver que pasa nos próximos días!!!


lunes, 2 de mayo de 2016

MAIO COLORIDO

Este venres festexamos no cole a chegada do mes de Maio, e que mellor maneira que facelo que co tradicional Maio! Este ano, por ser os maiores, tocounos facer a guirnalda coas flores máis pequenas... Pero non houbo problema, pois contamos coa axuda da mamá da dinosaura Daniela, que veu botarnos unha man coas margaridas.
Despois fumos a levar a nosa guirnalda para poñela no Maio... Pero que chulada, non lle faltaba detalle: escada, foucillo, carro,...  a verdade é que temos unhas familias cheas de artistas!
E claro, este ano tocounos levalo... que orgullosísimos iamos co noso maio colorido no hombreiro!!!! Mirade Mirade...


VIVA O MAIO!!!!


Aproveitamos o blog para darvos ás grazas pola vosa colaboración, tanto na elaboración do maio coma na aportación de flores e fiuncho. E sobre todo agradecerlle a Loreto a súa axuda na elaboración da nosa guirnalda.

viernes, 29 de abril de 2016

ANIVERSARIOS ABRIL

O mes de abril  está a piques de rematar, así que é momento de soprar as velas nas clases de Elefantes e Dinosauros.

Marina e Hugo son os novos membros do clube do 6!!

Parabéns pequechos!!

jueves, 28 de abril de 2016

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Onte, seguindo coa celebración do Día do Libro, Alexandre, o blibliotecario de Pontedeume, invitounos á súa biblioteca para lembrarnos que a mellor maneira de pasar un bo rato e ler un libro! E por iso el mesmo nos contou a historia dun oso que se fixo amigo dunha pequena vagalume chamada Luz, un conto moi bonito dunha fermosa amizade entre animaliños.



Os elefantes e os dinosauros somos uns grandes amantes das historias, polo que volveremos pronto á biblioteca municipal en busca de novas aventuras. 
Moitas grazas pola invitación, Alexandre!