jueves, 26 de noviembre de 2015

MERGULLÁMONOS NO AQUARIUM!!

O pasado mércores Elefantes e Dinosauros mergullámonos no mar... pero non nun mar calquera, no mar do Aquarium da Coruña!!!! Cantas cousas vimos!!! Tiburóns, estrelas, cabaliños de mar, crsutáceos, polbos, focas e... ata ao propio Nemo!!!! 
Susana, a nosa monitora, ensinounos un montón!!!! Xa sabemos que e como comen as estrelas de mar, como son os tiburóns, cantos anos teñen as focas.. e como funciona un submarino, porque... entramos nun!!!!
Que chulada de excursión!!! Agora xa estamos preparados para ser uns bos e boas capitáns de barco e seguir explorando o mar!!!! 
Comeza a noso viaxe acuático!!!!

jueves, 12 de noviembre de 2015

OUTONO FESTEIRO!!

Que ben o pasamos onte no cole!! Canta festa!! Canto baile!! Canta ledicia!!


E é que onte celebramos no noso cole as festa do Outono: o Magosto e o Peón.

Coincidindo co día de San Martiño, nós tamén sacamos os nosos peóns ao camiño, pero antes de prácticar coas buxainas cargamos as pilas cunha boa enchenta de castañas regadas cun batido de chocolate!!



Magosto 15 - Kizoa Movie Maker


Despois de bailar e xogar un anaquiño comezamos a prácticar a nosa destreza cos peóns. Cada ano o facemos mellor!!


Peón 15 - Kizoa Movie Maker

Deixámosvos os videos do cole para que desfrutedes de novo da celebración:






Moitas grazas a todas as familias por participar e colaborar nestas festas!!

jueves, 5 de noviembre de 2015

XA ULE A CASTAÑAS...

Xa se está chegando o Magosto e con el... as CASTAÑAS!!!! Para poder preparar o noso porta-castañas e poder comelas ben a gusto na festa, os elefantes e os dinosauros necesitamos un brick baleiro, limpiño e cortado pola metade (todos os lados menos unha das caras anchas). 


 Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

jueves, 29 de octubre de 2015

SAMAÍN 2015

Xa estabamos desexando que chegara este día!!!! O día do Samaín!!!!! O cole encheuse de música de medo, de contos de medo, de bruxas, de esqueletos, de monstruos... e sobre todo... de CABAZAS!!!!! Que cabazas máis chulas troxemos ao cole, verdade? Como traballamos!!!!!





Aproveitamos para darvos as grazas pola vosa colaboración, familias! Os elefantes e os dinos viñan encantados de traballar cos seus papás e mamás na elaboración das cabazas... Como sempre, currades un montón... están chulísimas!

Deixámosvos o vídeo con todas as cabazas do cole para que atopedes a vosa, ánimo que hai máis de 300!



VIVA O SAMAÍN!!!!

lunes, 26 de octubre de 2015

CONTOS DE MEDO....

Xa está chegando o Samaín!!!! E para comezar a festa, o "bruxo" Güino convidounos á biblioteca para escoitar un conto de moito medooooooo.... A BRUXA REGAÑADENTES, unha bruxa moi mala e moi fea que quería comer a tres irmáns con seus dentes de metal! Menos mal que nós sabemos que as bruxas soamente existen nos contos e nas pelis, así que Güino... non nos das nadiña de medo!!!!!


Moitas grazas á nosa profe Ana, por ser a vos de Güino nesta actividade!!!!

Se queredes ver a peli deste conto e voltar a velo cos vosos fillos e fillas, premede AQUÍ

UN OVO XIGANTE

Hoxe, Carlota dos dinosauros, trouxo a clase un ovo xigante... De que animaliño será? Houbo moitas apostas... nos queriamos que fose de dinosauro, pero Carlota explicounos que era un ovo de avestruz e que era tan, tan grande, que fixeron dúas tortillas na casa que, por certo... estaban riquísimas!!!!
Moitas grazas, Carlota!

viernes, 23 de octubre de 2015