miércoles, 30 de septiembre de 2015
ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO
Estes meses festexamos os aniversarios dos elefantes Elsa e Roy, e dos dinosauros Carla, Iria e Roi. MOITAS FELICIDADES POR ESES 5 ANOS!!!!
viernes, 18 de septiembre de 2015
XA SOMOS DE 5!!!!
E de novo setembro... Fai nada que estabamos empezando e agora xa estamos en 5!!! Somos os maiores de todo o corredor!!!
Que ganiñas tiñamos os elefantes e os dinos de ver aos nosos
compañeiros e compañeiras e sobre todo... de xogar cos nosos novos
xoguetes!!!! Pero como máis vale unha imaxe que mil palabras...
Aproveitamos para darlle a benvida ao noso grupo selvático, a unh nova elefanta, Noemí... Xa verás que ben o pasamos todos xuntos! Unha aperta
moi forte de todos os elefantes e os dinosauros! Noemi que comparte nome coa nova profe dos elefantes neste mes de setembro... Benvida tamén a ti, profe!!!!
martes, 30 de junio de 2015
BO VERÁN!
E pasiño a pasiño, chegaron as vacacións! Como traballamos este curso,
pero sobre todo...que ben o pasamos!!!! Dende setembro ata xuño, exploramos o universo, comemos castañas, fomos rockeiros do bacallau con coliflor, sambeamos a todo
Pontedeume, convertémonos en cabaleiros, descubrimos a Picasso, coñecimos un montín de animais raros... e xogamos e rimos un montón!!!!
Disfrutade moito destes meses de lecer, elefantes e dinos, collede forzas e vémonos en setembro.
Un bico moi, moi, moi grande da profe Bego e da profe Nuria.
Disfrutade moito destes meses de lecer, elefantes e dinos, collede forzas e vémonos en setembro.
Un bico moi, moi, moi grande da profe Bego e da profe Nuria.
BO VERÁN!!!!!!!
Aproveitamos a ocasión para agradecervos a vós familias, toda a vosa
colaboración durante este curso. É un pracer traballar cos vosos fillos e
fillas e este pracer medra sabendo que temos todo o voso apoio e
cariño. Pasade un bo verán e vémonos á volta (lembrade que a reunión é o venres 4 de setembro ás 11:00 horas). Un aperta moi forte das
profes.
lunes, 22 de junio de 2015
GRADUACIÓN XIRASOLES E BOLBORETAS!
E chegou o venres... o día da graduación dos nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos. Que guapos estaban todos!!!! E que maiores van xa!!!! Os elefantes e os dinos ímolos botar moito en falta no patio, pero antes de que pensamos xa estaremos nós tamén graduados e poderemos xogar todos xuntos de novo no patio dos maiores!!!!
E como fin de festa... unha gran comilona!!!! Puxémonos as botas, eh! Esta si que é unha boa maneira de darlle a benvida ao verán, non si?
E para rematar, Güino nos deixa estas recomendacións para as vacacións... Gozade de un verán cheo de libros!!!! PREMEDE AQUÍ
MOITA SORTE NESTA NOVA ETAPA, XIRASOLES E BOLBORETAS!!!!
E como fin de festa... unha gran comilona!!!! Puxémonos as botas, eh! Esta si que é unha boa maneira de darlle a benvida ao verán, non si?
E para rematar, Güino nos deixa estas recomendacións para as vacacións... Gozade de un verán cheo de libros!!!! PREMEDE AQUÍ
jueves, 18 de junio de 2015
ANIVERSARIOS XUÑO E XULLO
Este mes celebramos aniaversarios das elefantas Andrea e Paula, e dos dinos Efrén, Iago e Paula. MOITAS FELICIDADES!!!!
DE FESTA EN FESTA!!!!
Xa chega o final de curso... E esta semana foi a tope de festa!!!! Empezamos o luns cunha xornada de xogos populares que rematou na xa mítica tómbola de premios!!!! Que ben o pasamos con xogos que non van a pilas nin saen na TV... Se algo aprendemos este día foi que cun simple taquiño de madeira podemos facer as torres máis altas do mundo ou que cunha boina podemos facer toda una competición de tiro.
Mirade que ben o pasamos...Pero a festa non rematou, e como preludio o día final, os xoves viñeron Los fenómenos ao cole a encher todo de música. Que ritmo teñen estes elefantes e dinosauros!!! A verdade é que somos uns danzaríns de primeira!
miércoles, 10 de junio de 2015
VISITA A MARCELLE
E por fin... Chegou o gran día!!! O día de ir de excursión a Marcelle!!! Despois de estar investigando dos animais salvaxes que íamos ver alí, por fin puidemos velos en vivo e en directo!!! Que chulo está este zoo!!! Ten de todo: cebras, lobos, linces, monos, osos, búfalos, suricatas... E aínda que o tempo non non acompañou moito, pasámolo xenial descubrindo moitas curiosidades destes animais... Mirade, mirade...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)