lunes, 4 de abril de 2016

QUE FACEMOS NUN INCENDIO???

Hoxe viñeron ao cole uns amigos dos bombeiros.... Fran, Nerea e Sara, tres chicos de Protección Civil, que nos contaron o que tiñamos que facer se un día houbera un incendio no cole ou na nosa casa. Agora xa sabemos que se vemos fume temos que avisar a un profe e taparnos a boca e o nariz co mandilón, coa chaqueta,... que non podemos escondernos e que temos que saír a modo e sen berrar deixando todas as cousas na clase. 

Esperemos non ter que utilizar nunca os vosos consellos, pero no caso de que se dea o caso, agora xa sabemos todos o que hai que facer!!!! Moitas grazas, Fran, Nerea e Sara!!!!

viernes, 1 de abril de 2016

ANIVERSARIOS DE MARZO

Este mes festexamos os aniversarios dos elefantes Claudia, Iria, Iago e Iván e da dinosaura Alba.... MOITAS FELICIDADES POR ESES SEIS ANAZOS!!!



IMOS A POLO ÚLTIMO TRIMESTRE!!!

Xa estamos de volta de vacacións de Semana Santa con forzas renovadas!! E que mellor maneira de empezar esta semana que disfrutando dos nosos e das nosas compis!!!! Mirade, mirade que ben empezamos no noso último trimestre en Infantil!!


viernes, 18 de marzo de 2016

DÍA DA POESÍA

Hoxe festexamos no cole o Día da poesía por todo o alto, recitando un poema de Manuel María, "O arco da vella" para todas as nosas familias e compañeiros e compañeiras de Infantil. Somos uns verdadeiros poelas, non credes??




Aproveitamos para desexarvos unhas boas vacacións. Gozade moito destes días cos elefantes e os dinosaurios e vémonos á volta!




BOAS VACACIÓNS!!!!


martes, 8 de marzo de 2016

Celebramos o dia da muller

Hoxe, 8 de marzo de 2016, conmemoramos no cole  o día internacional da muller traballadora.

Güino convidounos a todos ao contacontos do "O libro dos Porcos", de Anthony Browne, que fixeron os compis de 5º e 6º de primaria.


          

Xa vedes que estiveron moi atentos e atentas, esperamos que lles gustara moito e sirva para reflexionar no cole e na casa. De feito algún neno xa preguntaba cando celebrábamos o día dos homes, esperamos que nun futuro non moi lonxano, non faga falta conmemorar esta data.


Deixámosvos a historia do conto por si queredes compartirla connosco:

lunes, 29 de febrero de 2016

jueves, 11 de febrero de 2016

E rematamos co Entroido!

E rematou...

Que mágoa!! Co que disfrutamos das festas do Entroido e toca dicirlle adeus ata o ano próximo...
Pero para despedilo como se merece viñemos todos do máis guapos e guapas, verdade?

Despois do patio tocou cantar o "Xa morreu..." para, con todos os compis do cole, chorar na queima do Entroido!


Enterro 16 - Kizoa Movie Maker

ATA O ANO QUE VEN ENTROIDO!!