miércoles, 25 de febrero de 2015

DÍA DE ROSALÍA

Onte celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro, festexando o aniversario do seu nacemento, coa lectura dalgún dos seus poemas. Algúns de nós nos coñecía a esta escritora, pero o que si que nos quedou claro é que loitou moito pola nosa lingua,así que é ben certo o que tivemos que dicir no evento....
NÓS SOMOS ROSALÍA, PORQUE SOMOS GALEGOS!!!!
 



Se queredes volver a escoitar con nenos e nenas a canción de Rosalía de Uxía, PREMEDE AQUÍ

lunes, 23 de febrero de 2015

Os Castelos

Os elefantes e dinosauros estamos moi ilusionados co comezo dun novo proxecto sobre Os Castelos, deixámosvos un enlace interesante para afondar no tema. PREMEDE NA IMAXE.






viernes, 20 de febrero de 2015

ADEUS ENTROIDO...

Onte despedímonos do Entroido coa tradicional queima... Que mágoa!!! Pobre Entroido!!! Quedou en nada, soamente unhas cinzas!!!! Pero para unha ocasión tan sinalada lucimos as nosas mellores galas... Que guapos estabamos! Princesas, trasnos, piratas, superheroes, enfermeiras, animaliños, ... Tivemos de todo nesta festa de despedida!




Agora tócanos esperar outro ano.... Ata o curso que ven, Entroido!!!!

miércoles, 18 de febrero de 2015

SAMBA DO COUCEIRO!!!

E por fin, chegou o día, o día do Entroido!!!! Este ano enchemos o cole de música!! Rock, rancheiras, flamenco, country... pero sen dúbida os máis marchosos: OS SAMBEIROS!!!!! Nin o famoso sambódromo de Río de Janeiro superaba os peques de Infantil!!!! Pero que guapos estabamos con tanto volante e, sobre todo, que ritmo levabamos!!

SSSSSAAAAAMMMMMBBBBAAAA DO COUCEIRO!!!!!

Despois do desfile e da nosa xenial actuación, puidemos disfrutar dunha gran comilona!!!! Mirade como nos puxemos!!!!




Por se queredes ver de novo a nosa actuación e a dos nosos compañeiros e compañeiras, aí vos deixamos os vídeos gravados no pavillón! Fixémolo moi ben, non si???



Por último, agradecervos a vós, familias, a vosa colaboración no Entroido. Coma sempre, superades calqueira idea que teñamos nós na cabeza... Sen vós isto non sería posible!

jueves, 12 de febrero de 2015

COMO MOLA ESTE MANOLO!

Por fin hoxe viñemos co disfrace completo!!!! Así que si, Manolo, querías que empezaramos a bailar dende o xoves, por iso este "look" tan cabareteiro!!!! Estabamos moi guapos, non credes???


E mañá seguimos coa samba!!! Se o tempo nos acompaña, sairemos do cole sobre las 10:45 rumbo á Praza Real! Se chove, celebraremos o desfile no pavillón á mesma hora... Esperámosvos!!!!

miércoles, 11 de febrero de 2015

4º MANDADIÑO DE MANOLO!

Hoxe si que se cumpliu o de "con faldas y a lo loco!!!". Pero que guapos e guapas que estabamos todos!!!! Este Manolo non cansa no seu empeño de poñernos ben festeiros... Este é o último mandadiño!!!! Agora si que estamos listos para bailar!!!!








O XOVES, PARA REMATAR, 
UN BASTÓN HAS DE LEVAR E A CARA MAQUEAR.

Ata o ano que ven, Manoliño!!!!!

martes, 10 de febrero de 2015

3º MANDADIÑO DE MANOLO

E seguimos con Manolo e os seus mandadiños... Hoxe viñemos todos moi guapos de sombreiro e fular, parecíamos unhas estrelas de cine!!! Pero xa temos nova orde para mañá...










O MÉRCORES, EN ESPECIAL, 
POÑERÁS UN CAN-CAN O 
UNHA SAIA XENIAL!