lunes, 19 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O venres festexamos no cole o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xosé María Díaz Castro. Nós, tamén tivemos un sitiño neste día, e xunto cos nosos compañeiros e compañeiras, recitamos unha poesía no escenario titulada "As mascotas de Infantil", poesía coa que obtivemos un premio moi chulo no Certame de Poesía Couceiro Freijomil, que organiza dende a biblioteca, Güino.


Pero a festa non rematou aqui... Quedaba o mellor!!! Despois do recreo, o grupo "Los Fenómenos", tocou unhas pezas coas gaitas e pandeiretas para bailar todos xuntos...  Que ben o pasamos!!!! Mirade que ritmo...






Pero sen dúbida, o que máis nos gustou, sobre todo os dinosauros, foi ver á nosa compañeira Daniela tocar a pandeireta...
VAIA ARTISTA!!!!

jueves, 15 de mayo de 2014

PLANTAMOS FABAS!!

Coa chegada da primavera e deste calorciño, é un bo momento para coidar o xardín e plantar unhas sementes. Así que os elefantes e os dinosauros convertémonos en pequenos xardiñeiros por un día. Botamos un pouquiño de terra nun vaso, dúas fabas (unha branca e outra vermella), unhas pingas de auga... E A VER QUE PASA NOS VINDEIROS DÍAS! Seguiremos informando...


miércoles, 7 de mayo de 2014

PEQUENOS ARTISTAS!

Hoxe os elefantes e os dinosauros convertémonos en pintores por un día e fixemos un cadro xigante entre todos para celebrar a chegada do mes ed maio e das flores de primavera que xa empezan a xerminar nos campos. Mirade que concentrados estabamos, é que... SOMOS UNS ARTISTAS!!!




E despois desta xornada de pintura, aquí tedes o resultado final... Está de museo, non si? Agora xa podemos dicir... BENVIDA PRIMAVERA!!!!

miércoles, 30 de abril de 2014

MAIO CHEGOU!!!!!

Xa chegou a primavera... polo menos no cole. O venres o Couceiro encheuse de flores de todas as formas e cores para festexar entre todos a festa da primavera: Os Maios. Este era o noso primeiro Maio, e moitos nos sabiamos moi ben de que ía iso de facer unha figuriña con flores, pero estabamos tan ilusionados, que enseguidiña nos puxemos mans á obra. Mirade canto traballamos na nosa guirnalda de laranxas!







E despois de moito traballo... Que chulo quedou o noso Maio, verdade?


Aproveitamos para darlle as grazas ás familias, pola súa colaboración na recolleita das flores, e moi especialmente os papás, mamás e avós que nos viñeron a axudar a facer o noso primeiro Maio! Moitísimas grazas!!! Sodes uns artistas!!!!


 E xa para rematar.... VIVA O MAIO!!!!!
 



ANIVERSARIOS ABRIL

Este mes celebramos os aniversarios de Marina e Hugo. Moitas Felicicidades!!!!!

martes, 22 de abril de 2014

UN DINOSAURO MÁIS!

Xa estamos de volta!!! Pero hoxe eramos un máis nos percheiros... O noso cole ten un dinosauro máis!!!! 

BENVIDO AO NOSO COLE, ROI!!!!!


Os elefantes e os dinosauros estamos encantandos de ter un novo compañeiro de xogos, sobre todo os dinos que levamos moitos días preguntando cando chegabas para poder ensinarte todas as cousas chulas que facemos na nosa clase... Xa verás...

 Ímolo pasar pipa xuntos!!!!

viernes, 11 de abril de 2014

BICHIÑOS

Estes últimos días do trimestre, convertémonos en pequenos exploradores. Coa chegada da primavera, o cole o encheuse de bichiños que fomos descubrindo por todos os corredores. A profe Marga foi a encargada de axudarnos a atopalos para completar un álbum xigante onde deberíamos pegar os cromos dos bichos que fosemos encontrando. Grazas a ela, xa sabemos os seus nomes, en galego, en castelán e incluso... en inglés!!!!
Como fomos moi bos exploradores e atrapamos todos, a profe Marga e a profe Ana quixeron premiarnos cun agasallo moi especial: BICHIÑOS PARA XOGAR NA CLASE!!!! Os encargados de recoller o noso premio foron os "encargados do día": o elefante Mikel e o dinosauro Tomás. 
Como nos gustaron!!!! Moitas grazas Ana e Marga!!!!


E para acabar o trimestre que mellor maneira que disfrutar deste gran día de sol!!!!




MOI BOAS VACACIÓNS A TOD@S!!!!