E case como se nada, nun suspiriño, este camiño que iniciamos xuntos fai tres aniños, rematou pois... Chegou a hora de deixar Infantil e pasar a otra nova etapa.... a Primaria!!!! E que mellor maneira de facelo oficial que cunha gran festa... A nosa festa de graduación!!!! Pero que guapos e maiores estabamos recollendo os nosos diplomas, mirade, mirade...
*** Se queredes ter estas fotos e outras da graduación, premede neste enlace (perdoade se algunhas están movidas, os nervios fixeron que moitos dos nenos e nenas non pararan no "photocall")
Pois si, parece mentira pero xa pasasen tres anos dende que os nosos elefantes e dinos desen os seus primeiros pasos no cole. Tres anos nos que aprendemos un montón de cousas pero nos que sobre todo, fixemos grandes amigos e divertímonos moitísimo.... Tres anos, sen dúbida, para o recordo...
**A versión web do vídeo non é igual que a vosa. Non é posible poñelo en internet coas músicas orixinais.
Dende aquí queremos agradecer a todas as familias o apoio recibido estes tres cursos, o cariño e a confianza que nos destes fixo que o noso traballo fose un verdadeiro pracer. Sodes uns papás e unhas mamás xeniais, e iso nótase e moito, nos vosos fillos e fillas... Moitas, moitísimas grazas por todo!

E por suposto, queremos dar as grazas aos "nosos" nenos e nenas, aos elefantes e aos dinos, que son os mellores alumnos e alumnas que puideramos imaxinar. Moitas grazas peques por ensinar a estas profes tantas cousas cada día, por axudarnos a "intentar" ser mellores mestras, por ilusionarnos e facer que o noso traballo sexa toda unha aventura, por deixarnos crecer convosco, por facernos rir e, sobre todo, por querernos e por todos eses bicos e abrazos que nos destes durante estes anos. Foi unha marabilla ser aos vosas mestras!!!! Por iso, e a pesar de que estamos un pouquiño tristes por
ter que deixarvos, mandámosvos un bico enorme e desexámosvos moita sorte
nesta nova aventura que comezades. Non vos esquezades de nós, porque estas dúas profes sempre vos levarán no recordo.
FELIZ VERÁN!!!!