domingo, 2 de marzo de 2014

XA ESTAMOS AQUÍ... O CIRCO!!!!

Xa chegou o Entroido!!!! A festa comezou o xoves, cando por fin descubrimos que o esqueleto Manolo o que quería era vestirnos a todos e a todas de verán, como se fósemos turistas, para chamar ao sol e dicirlle adeus a choiva destes días.
Despois de ensinarlle a Manolo o noso "look", tiñamos unha nova sorpresa.... unha gran "merendola" de entroido!!! Filloas, rosquillas, orellas... mmmm!!! Que rico estaba todo...




Pero o venres foi o gran día. Que guapos estabamos de leóns!!!!




E despois de ensinar as nosas gadoupas aos magos, xefes de pista, equilibristas, mimos, forzudos, pallasos... que andaban por este "Couceiro Circus" e ao ver que o tempo non nos acompañaba (Manolo non fixo efecto o noso look!!!), fomos ata o pavillón a cantar a nosa canción "Xa estamos aquí!!!!". Pese aos nervios do noso primeiro Entroido no cole, fixémolo moi ben, verdade? Por si queredes ver de novo a nosa gran actuación, e a de os nosos compañeiros e compañeiras maiores, aí vos vai o enlace...




E xa só nos queda dar as grazas ás familias pola vosa colaboración tanto na preparación dos disfraces, como na participación no festival. Sentimos que o tempo no acompañara e non puideramos saír ao pobo, pero pese a toso esperamos que gozarades moito das actuacións.

Pasade un bo Entroido!!! Vémonos o xoves!!!!

Lembrade que os xoves os elefantes e dinosauros poden vir disfrazados como queiran.

No hay comentarios:

Publicar un comentario