Este mes celebramos os aniversarios de Iván, Iria, Claudia, Iago e Alba. Moitas Felicidades!!!!
domingo, 30 de marzo de 2014
viernes, 21 de marzo de 2014
DÍA DA POESÍA
Coa chegada de primavera, chega tamén o Día da Poesía!!! Este ano adicámosllo a dúas persoas moi importantes: Ramiro Fonte e a súa obra que da nome á nosa biblioteca (Xardín do pasatempo) e a Rosalía de Castro. Ademais tivemos unha mensaxe especial dun antigo alumno do noso cole que ahora é ilustrador e nos agasallou cunhas ilustracións do libro de Ramiro Fonte. Pero o que máis nos gustou foi escoitar, da man dos nosos compañeiros, un montón de poesías de Rosalía de Castro.
E a pesar de que o tempo non nos acompañou neste xornada... BENVIDA PRIMAVERA!!!!
jueves, 20 de marzo de 2014
VISITA AO MERCADO
Hoxe os elefantes e os dinosauros tivemos unha gran sorpresa.... A nosa primeira excursión! E que mellor maneira de empezar que coñecer as "cousiñas" que temos ao carón do cole: o mercado de Pontedeume!!!! Aproveitando que estamos traballando a alimentación, a mamá de Cris das tartarugas invitounos a coñecer o mercado e poder descubrir de primeira man, todas as cousas que alí se venden.
Aprendemos na carnizaría que dos porquiños cómese case todo... ata os rabiños e as tripas!!! E que na froitería, ademais de mandarinas e kiwis, hai verduras que parecen micrófonos!!!! E que na chacinería podemos encontrar un montón de cousas para facer bocatas!!!!
Tamén pasamos pola peixería, onde estaba o papá de Cris e a tía de Sara, e vimos un peixe tan grande coma feo, parecía un tiburón!!!! E aprendemos tamén que os polbos poden esconderse, que son moi listos e cambian de cor... Pero, sen dúbida, o que máis nos chamou a atención é que no mercado tamén teñen caretas... caretas de porco!!!! (ou de lobo, como dicían máis de un)
Cantas cousas sabemos xa!!!! Agora soamente nos falta probalo todo!!!!
Queremos darlle as grazas a Cristina por invitarnos e ser a nosa guía, e sobre todo, pola súa paciencia, que ao ser a nosa primeira excursión, estabamos un pouco nerviosos... Tamén a todos os praceiros e praceiras que nos atenderon estupendamente e nos ensinaron un montón de cousas. Moitas grazas a todos e todas!!!!
Viva a praza de Pontedeume e agora máis que nunca... Eu tamén son praceiro!!!!
viernes, 7 de marzo de 2014
ADEUS ENTROIDO!!!
E o xoves, para rematar a festa, cadaquén co seu disfrace, subimos ao patio dos maiores para queimar o "Entroido". E por fin... Lorenzo apareceu!!!! Grazas Manolo... os teus mandadiños fixeron efecto!!!!
Mirade que guapísimos ibamos!!!
Mirade que guapísimos ibamos!!!
Ata o ano que ven, Entroido!!!!
domingo, 2 de marzo de 2014
XA ESTAMOS AQUÍ... O CIRCO!!!!
Xa chegou o Entroido!!!! A festa comezou o xoves, cando por fin descubrimos que o esqueleto Manolo o que quería era vestirnos a todos e a todas de verán, como se fósemos turistas, para chamar ao sol e dicirlle adeus a choiva destes días.
Despois de ensinarlle a Manolo o noso "look", tiñamos unha nova sorpresa.... unha gran "merendola" de entroido!!! Filloas, rosquillas, orellas... mmmm!!! Que rico estaba todo...
Pero o venres foi o gran día. Que guapos estabamos de leóns!!!!
E despois de ensinar as nosas gadoupas aos magos, xefes de pista, equilibristas, mimos, forzudos, pallasos... que andaban por este "Couceiro Circus" e ao ver que o tempo non nos acompañaba (Manolo non fixo efecto o noso look!!!), fomos ata o pavillón a cantar a nosa canción "Xa estamos aquí!!!!". Pese aos nervios do noso primeiro Entroido no cole, fixémolo moi ben, verdade? Por si queredes ver de novo a nosa gran actuación, e a de os nosos compañeiros e compañeiras maiores, aí vos vai o enlace...
E xa só nos queda dar as grazas ás familias pola vosa colaboración tanto na preparación dos disfraces, como na participación no festival. Sentimos que o tempo no acompañara e non puideramos saír ao pobo, pero pese a toso esperamos que gozarades moito das actuacións.
Pasade un bo Entroido!!! Vémonos o xoves!!!!
Lembrade que os xoves os elefantes e dinosauros poden vir disfrazados como queiran.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)