Mañá é o Día da Paz e como non imos estar no cole, pois festexámolo hoxe coa xa tradicional solta de pombas e a lectura do manifesto pola paz, feito polos nosos compañeiros e compañeiras de 6º.
Este ano a Paz ven chea de maxia, maxia pola paz que desexamos todos e todas e que, nesta data, ten forma de pomba. Por iso no corredor había un sombreiro de mago do que saían un montón de pombas con moitas mensaxes de paz e amor.
Os elefantes e os dinos tamén quixemos facer maxia e os nosos encargados do día, foron os nosos representantes escribindo dúas palabras elexidas por todos e todas nós: cariño e amor.
E así entre todos e todas podamos berrar: ABRACADABRA, QUE A PAZ SE FAGA!!!!