Hoxe os Dinos tivemos unha visita moi especial... Olivia, a irmá de Iago, veu a vernos!!!! Que pequeniña e que boa é! Non chorou nadiña e iso que os Dinos estabamos moi nerviosos ao vela! Iago e a súa mamá, Julia, explicáronnos que Olivia non anda, nin fala, porque so ten cinco meses, pero iso sí, bota unhas sonrisas preciosas, sobre todo cando Iago xoga con ela.
Os Dinos estamos seguros que Iago vai ser un bo írmán maior e vaille a ensinar a Olivia un montón de cousas chulas, como lle ensina Álex a Paula, Lucía a Sara, Ari a Pablo, Daniela a Joel, Abigail a Ezequiel, Yeray a Efrén, Tomás a Matías, Ainoa a Zaira, Rosalía a Carlota ou Andrés a Carla. Que guai é ter un irmán ou irmá!!!!!
Estamos desexando que Olivia se faga grande para que veña a xogar connosco ao noso cole (xa algún pedía que viñera mañá e se quedara a xogar con nós toda a mañá!!!!!!) ...
Ata entón, un bico moi grande de todos os Dinosauros, Olivia!!!!
Ata entón, un bico moi grande de todos os Dinosauros, Olivia!!!!
Aproveito o blog para darvos de novo as grazas, a Olivia e a súa mamá, Julia, pola visita. A pobre Olivia aguantou como unha campiona todos os bicos e abrazos das "dinosauras" (eu tamén a adoptaba na aula!).
Que guapos están todos....e que contentos coa nena....Faltaba a mestre Nuria.......para facer todo completo......
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarGracias a vos pola invitación! gustounos un montón poder visitaros! ;-)
ResponderEliminarNós encantados, Julia! Ahora xa estamos esperando a que Matías sexa un pouquiño maior e veña tamén a facernos unha visita!
ResponderEliminarOs dinos e, sobre todo as dinas (nas que tamén se inclue a profe) estamos encantados con que veñan "bebés" a vernos!
Inés.. a profe mellor que non saira, que estaba "babeando" con Olivia! Jajajajaja... Que cousiña máis linda!
Un saúdo!