viernes, 6 de marzo de 2015

CONTACONTOS KALANDRAKA

Hoxe, ao chegar ao cole, encontramos unha carta misteriosa... tiñamos unha visita moi especial: Patricia e Álex, dous amigos de Güino, ían vir á biblio a contarnos varias historietas: Sacapenas, Tío Lobo e Bechos!!!!

Que chulos estaban os contos de Patricia e que ben soaba o acordeón de Álex, tanto que non sabemos moi ben que historia nos gustou máis, se a historia de Carmela, unha nena moi larpeira que quixo enganar so seu tío, a de Bieito que grazas os seus sacapenas puido durmir toda a noita coma un leirón, ou a dos Bechos de todas as formas e cores!!!! 


Pero o que si nos gustou, e moito, é o sacapenas que nos agasallou Patricia e que xa temos decorando as nosas clases por se temos algunha preocupación ou medo que contarlle.
Moitas grazas pola visita, Álex e Patricia!!!!

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Hicimos unos sacapenas en casa, hasta que le entendí lo que eran y como eran me costo un poco!Pero ya tenemos uno para cada uno de la familia ;-)

    ResponderEliminar