sábado, 28 de marzo de 2015
DÍA DO TEATRO E DA POESÍA
O 21 de Marzo foi o Día da Poesía e o 27 de Marzo o do Teatro, así que o venres festexamos ambas onomásticas co visionado do video realizado no colexio "Nos somos Rosalía" e os maiores deleitáronnos con dúas divertidas obras de teatro, Que ben o pasamos!!!
viernes, 27 de marzo de 2015
ANIVERSARIOS DE MARZO
Este mes festexamos os aniversarios de Alba dos dinosauros e Iria, Iago, Iván e Claudia dos elefantes.
PARABÉNS!!!
PARABÉNS!!!
jueves, 26 de marzo de 2015
XA SOMOS CABALEIROS!!!!
Como aprendemos moitos dos castelos, hoxe o rei Nuria e a raíña Begoña, tíñannos preparada unha sorpresa... NOMEARNOS CABALEIROS!!!! E para que a cerimonia tivera máis "glamour", os reis dos Elefantes e dos Dinosauros déronnos o noso propio escudo para protexer e preservar a paz nas nosas aulas!!! Que chulos quedaron, verdade?
jueves, 19 de marzo de 2015
UNHA NOVA ÁRBORE NO XARDÍN!
Onte, ao rematar o tempo do patio, os ciclistas e as xoaniñas tiñan preparada unha sorpresa: ían plantar unha nova árbore no noso xardín! Na súa primeira excusión foron coller castañas e plantaron unha a ver que pasaba... pois enraizou e deu un pequeno castiñeiro!!!! Así que decidiron trasplantalo no xardín para que, co coidado de todos os nenos e nenas de infantil, poida crecer e darnos moitas castañas para o magosto do ano que ven!!! A ver si hay sorte e temos unha nova árbore no noso patio!!!!
lunes, 16 de marzo de 2015
VISITA Á BIBLIOTECA DO CONCELLO
Hoxe fomos de excursión á blbioteca de Pontedeume!!!!!!! Alí coñecimos a Alexandre, o bibliotecario da vila, que nos contou un conto moi chulo: Corre, corre cabaciña. Ademáis invitounos a facer o noso propio carnet para poder levar este libro e outros á nosa casa.
Que ben!!! Xa temos dous sitios onde poder ler e ver un montón de libros!!!!!
Moitas grazas pola invitación, Alexandre!!!!
viernes, 13 de marzo de 2015
PLANTANDO!!!
Xa falta pouco para a primavera e os elefantes e os dinosauros queremos darlle a benvida co nacemento dunhas plantas, así que nos puxemos mans á obra, plantando tomates "cherry" e unhas flores de manzanilla. Como gozamos da experiencia!!!!
viernes, 6 de marzo de 2015
CONTACONTOS KALANDRAKA
Hoxe, ao chegar ao cole, encontramos unha carta misteriosa... tiñamos
unha visita moi especial: Patricia e Álex, dous amigos de Güino, ían vir á biblio a contarnos varias historietas: Sacapenas, Tío Lobo e Bechos!!!!
Que chulos estaban os contos de Patricia e que ben soaba o acordeón de Álex, tanto que non sabemos moi ben que historia nos gustou máis, se a historia de Carmela, unha nena moi larpeira que quixo enganar so seu tío, a de Bieito que grazas os seus sacapenas puido durmir toda a noita coma un leirón, ou a dos Bechos de todas as formas e cores!!!!
Pero o que si nos gustou, e moito, é o sacapenas que nos agasallou Patricia e que xa temos decorando as nosas clases por se temos algunha preocupación ou medo que contarlle.
Moitas grazas pola visita, Álex e Patricia!!!!
miércoles, 4 de marzo de 2015
O RITMO DA PAZ!
Xa fai moitos días que celebramos o Día da Paz, pero como non puidestes ver aos elefantes e aos dinosauros en pleno baile, aí vos deixamos un vídeo para que vexades o ritmo que temos!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)