lunes, 22 de diciembre de 2014

O ROCK DO BACALLAU

E despois de moitos ensaios... por fin chegou o gran día!!!! O día de festexar a chegada das vacacións de Nadal!!!! E que mellor forma de facelo, que marcarnos un baile con moito, moito ritmo: Un rock!!!! Está claro que os elefantes e os dinosauros non queremos pensar noutra cosa que en bailar, nin queremos ser taxistas, nin médicos, nin labregos, nin deportistas.... E a verdade é que isto de bailar dásenos moi, pero que moi ben, non creedes?




Se queredes ver de novo a nosa actuación ou a dos nosos compañeiros e compañeiras, podedes ir á web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcouceirofreijomil/ ou PREMER AQUÍ.

Despois da nosa gran actuación tivemos una visita moi especial: os paxes reais, que viñan dende Oriente a buscar as nosas cartas para levárllelas aos Reis Magos. Co ben que nos portamos, seguro que nos traen algunha das cousiñas que lles pedimos...




E para rematar o día, que mellor que xogar todos xuntos, eso sí, despois de encher ben os bandullos na superfesta de Nadal. Pero que día máis completo... Esto si que é un boa maneira de comezar as vacacións!





E xa por último, por se queredes pasar o Nadal entre libros, Güino deixavos estas recomendacións dende a biblioteca. PREMEDE AQUÍ
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa implicación no festival. Os nenos e as nenas estaban guapísmos!!!! Pásade unhas boas vacacións e... BO NADAL A TODOS OS NOSOS ELEFANTES E DINOSAUROS E ÁS SÚAS FAMILIAS! Vémonos o día 8 de xaneiro.

jueves, 18 de diciembre de 2014

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO







REMATAMOS O 2014 COAS CELEBRACIÓNS DOS CUMPLES DO "DINO" PABLO E DA "ELEFANTA" DANIELA

 PARABÉNS!!!!

viernes, 12 de diciembre de 2014

MUSICREQUES

Hoxe a profe Lara tiña unha gran sorpresa para nós: UNS MONICREQUES MUSICAIS!!!! Nas últimas semanas estivemos traballando na clase de música ao compositor Dvorak e ás súas danzas húngaras, e hoxe poidemos escoitar todas as melodías e coñecer a uns personaxes moi chulos encargados de ensinárnolas!!! Como nos rimos, co lobo, coa bruxa, co rei, coa rá, co paxaro,... pero sobre todo con Iván, o protagonista, un ruso ao que o rei lle quería curtar a cabeza e o seu querido bigote!!!!


Aproveitamos o blog para darlle as grazas a mamá de Iago das bolboretas, que foi a verdadeira artífice desta actividade, e ás súas compañeiras do Conversatorio de Ferrol. Tamén á profe Lara, por enchernos de música cada xoves e promover estas actividades cos peques do cole.

viernes, 5 de diciembre de 2014

A NOSA ÁRBORE MUSICAL!

Xa falta menos para o Nadal, e para ir calentando motores, xa temos listo a nosa árbore musical!!!! Unha árbore cheíña de campás de mil cores!!! Quedou chula, verdade?


Moitas grazas, coma sempre, pola vosa implicación e colaboración. Estades feitos uns artistas!

martes, 2 de diciembre de 2014

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

E por fin chegou o día!!! Despois de estar estudando todo o mes de novembro sobre o universo, puidemos ir á Casa das Ciencias de A Coruña para ver as estrelas, os planetas, o sol e a lúa dende o planetario!!!! Cantas cousas sabemos xa!!! A nosa amiga, a estrela Fugaz foi a nosa guía pola nosa viaxe ao espazo e ensinounos todo o que hai alí arriba e todo o que podemos ver dende o noso planeta, a Terra.




Unha vez rematada a sesión do planetario, fomos dar unha volta pola Casa das Ciencias... Que divertido é este museo!!! Pódese tocar todo!!!! Pompas de xabón, pelotas, e ata unha guitarra!!!! Pero sen dúbida, o que máis nos gustou, foron os poliños!!! Que pequenos!


VIVA O PLANETARIO E A CASA DAS CIENCIAS!!!!

lunes, 1 de diciembre de 2014

CALENTANDO MOTORES PARA A VIAXE ESPACIAL!

E para calentar motores para a viaxe de mañá, aí vos deixamos uns vídeos sobre os sistema solar e os planetas, por si queredes velos outra vez!