miércoles, 29 de octubre de 2014

XA CHEGA O SAMAÍN!!!!

Hoxe chegamos moi cargados ao cole.... Era o día de traer as cabazas! Pero non cabazas calquera, cabazas de Samaín! Que chulas nos quedaron, non sí? Había de todo: bruxas, momias, monstruos, personaxes de debuxos...  Mirade que orgullosos posamos coas nosas obras de arte!

 
VIVA O SAMAÍN!!!! 



E as cabazas estaban tan, tan ben que tivemos un novo premio nas nosas clases. Este ano a dinosaura Daniela levou a mención á cabaza máis orixinal polo seu monstruo das galletas!
Noraboa a Daniela e os seus papás por esta cabaza tan doce!



Aproveitamos o blog para darvos as grazas pola vosa implicación nesta actividade. As cabazas quedaron chulísimas! Sodes uns verdadeir@s artistas!

martes, 28 de octubre de 2014

UNHA VISITA ESPACIAL!

Hoxe tivemos unha gran sorpresa!!! Unha visita dun traballador da Axencia Espacial Europea (ESA), Jorge, que chegou ao cole para contarnos como se fan os satélites que se mandan ao espazo e como se controlan para que nos envien fotos e imaxes de todo o Universo. Que traballo máis chulo ten Jorge!!! Todo o día mirando os planetas e as estrelas!!! 


Xa aprendemos un montón de cousas novas: que hai planetas de roca e outros de gas, que o sol é unha estrela, que hay satélites artificiais e naturais,... pero seguiremos investigando nestes días porque todavía nos queda moito espazo por explorar e os elefantes e os dinosauros, seguimos convencidos: Queremos ser astronautas!!!

viernes, 24 de octubre de 2014

QUE VEÑEN OS CICLISTAS!

Onte os nenos e nenas da clase dos ciclistas convidáronnos a descubrir o mundo das bicis e do ciclismo da man de tres ciclistas profesionais!!! Así poidemos descubrir as diferenzas entre una bici de montaña, unha de carreiras e outra de paseo, ademais da indumentaria dun ciclista e do importante que é o casco para non dar golpes na nosa cabeciña.


Agora xa entendemos por qué elixiron ser a clase dos ciclistas... Como molan as bicis!!!! Non contaminan, facemos exercicio e ademais, é súper divertido!!!!
Moitas grazas á clase dos ciclistas e a súa profe pola invitación!!!!

jueves, 23 de octubre de 2014

miércoles, 22 de octubre de 2014

CHEGA O MAGOSTO!!!!

Xa se está chegando o Magosto e con el... as CASTAÑAS!!!! Para poder preparar o noso porta-castañas e poder comelas ben a gusto na festa, os elefantes e os dinosauros necesitamos un brick baleiro, limpiño e cortado pola metade (todos os lados menos unha das caras anchas). 


 Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

martes, 14 de octubre de 2014

EXPLORAMOS O UNIVERSO

Os elefantes e os dinosauros queremos converternos en astronautas, pero para iso necesitamos coñecer todo o que esconde o universo: estrelas, planetas, lúas, ...
Se queredes axudarnos na nosa investigación, podedes traer libros ou calquera outra cousiña que nos poida valer para descubrir, entre todos, o noso universo.
Moitas grazas a tod@s por participar!