jueves, 19 de junio de 2014

DE FESTA EN FESTA

Xa se vai aproximando o final do curso, e para ter un bo remate nada mellor que ir de festa en festa!!!! A troula comezou o mércores, cun concerto do grupo DeBosses, grupo no que cantaba o pai dunha das nosas compañeiras, Noa, da clase das tartarugas. Que ben o pasamos bailando a ritmo de Rock and Roll!!!!



E hoxe seguimos de troula! Despois do recreo as profes tiñan unha sorpresa para nós... UN SUPER CIRCUITO!!! Volteretas, equilibrios, saltos, subidas, baixadas, ... Canto exercicio fixemos!




E despois de tanto esforzo, tivemos unha gran recompensa... un agasallo na SUPER TÓMBOLA DO COUCEIRO!!!! Que contentos iamos os elefantes e dinosauros cos nosos regaliños!

E mañá... que nova sopresa haberá???

No hay comentarios:

Publicar un comentario