Xa están aquí as vacacións!!!!! E para seguir aprendendo e gozando neste verán, Güino nos deixa estas
recomendacións para ter unhas vacacións cheas de libros e contos!
viernes, 20 de junio de 2014
jueves, 19 de junio de 2014
DE FESTA EN FESTA
Xa se vai aproximando o final do curso, e para ter un bo remate nada mellor que ir de festa en festa!!!! A troula comezou o mércores, cun concerto do grupo DeBosses, grupo no que cantaba o pai dunha das nosas compañeiras, Noa, da clase das tartarugas. Que ben o pasamos bailando a ritmo de Rock and Roll!!!!
E hoxe seguimos de troula! Despois do recreo as profes tiñan unha sorpresa para nós... UN SUPER CIRCUITO!!! Volteretas, equilibrios, saltos, subidas, baixadas, ... Canto exercicio fixemos!
E despois de tanto esforzo, tivemos unha gran recompensa... un agasallo na SUPER TÓMBOLA DO COUCEIRO!!!! Que contentos iamos os elefantes e dinosauros cos nosos regaliños!
E mañá... que nova sopresa haberá???
E hoxe seguimos de troula! Despois do recreo as profes tiñan unha sorpresa para nós... UN SUPER CIRCUITO!!! Volteretas, equilibrios, saltos, subidas, baixadas, ... Canto exercicio fixemos!
E despois de tanto esforzo, tivemos unha gran recompensa... un agasallo na SUPER TÓMBOLA DO COUCEIRO!!!! Que contentos iamos os elefantes e dinosauros cos nosos regaliños!
E mañá... que nova sopresa haberá???
domingo, 15 de junio de 2014
ANIVERSARIOS XUÑO E XULLO
Este mes celebramos os aniversarios de Andrea, Paula elefantes, Paula dinos, Iago e
Efrén.
MOITAS FELICIDADES!!!!
viernes, 13 de junio de 2014
TEATRO NO COLE!
Hoxe, os nosos compañeiros e compañeiras de atención educativa tiñan unha sorpresa preparada para nós... Un teatro!!!! Durante todo o curso estiveron traballando unha chea de contos e hoxe elixiron un deles para amosarnos a todos que artistas están feitos!
As tartarugas abriron o festival, recitando unha poesía feita por eles sobre o noso amigo "Bigotes patitas", os elefantes e dinosauros contarónnos a historía de Purpurina, unha pinga de augua que quixo viaxar polo mundo, e as xirafiñas, fixeron un teatro de títeres da Ratiña presumida... Que chulo quedou! De aquí a Hollywood!!!
jueves, 12 de junio de 2014
EXCURSIÓN Á GRANXA BELELLE
E despois de esperar toda a semana... por fin, chegou o día!!!! A nosa primeira excursión en bus!!!!! O martes fomos á Granxa Belelle e... Pasámolo
xenial! Coidamos e vimos moitos animais, montamos nun poni, plantamos
sementes, fixemos pan... Foi un día moi completo! Tanto, tanto, que moitos non puidemos co cansazo e acabamos derrotados no bus!
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, mirade que ben o pasamos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)